O pasado venres fixemos unha saída para celebrar o Magosto no parque do Borralliño, en Soutelo. Para algúns nenos, foi un día cheo de experiencias novas: a súa primeira viaxe en autobús; o seu primeiro encontro con todos os compañeiros e os mestres do CRA; o contacto coa natureza; etc. e, aínda así, non lles supuxo ningún problema, todo o contrario. Xuntos e revoltos, vivimos e destrutamos dun montón de experiencias: coñecemos o lugar; atopamos e recollemos follas de moitas formas e cores; fixemos amigos; xogamos ás carreiras de sacos, ó comecastañas, á culler e á castaña, á corda...; merendamos mandarinas e castañas asadas; pintámonolas caras; cantamos no autobús... e o máis importante... ¡PASÁMOLO PIPA!
domingo, 7 de noviembre de 2010
DISFRACES DE MEDO EN BUDIÑO
O venres 29 adicámolo a GRAN CELEBRACIÓN DO SAMAÍN. Empregando a imaxinación e aproveitando o que tiñamos na casa, chegamos ó cole disfrazados dalgunha personaxe de medo: esqueletos, vampiros, bruxas, magos, calabazas... Cada neno falounos da súa cabaza, preparamos unha merenda especial e unha pócima quitamedos, maquillámonos as caras, bailamos e cantamos... e non paramos de rirnos das pintas que levabamos. Por certo... ¡QUE SUSTO LEVARON AS NOSAS FAMILIAS....! ¡UUUUUHHHHHHH!
O BAILE DOS ESQUELETOS
Durante estes días do Samaín tamén tivemos tempo para aprender e bailar a cantiga dos esqueletos. Para que non a esquezades, aquí vos deixo a versión que tanto vos gustou e... ¡TODOS Á PISTA DE BAILE!
CONTACONTOS
Polo Samaín os nenos e nenas de Budiño tamén poideron desfrutar da visita dunha especial Contacontos, a profe Sonia, quen nos fixo pasar un bo rato co libro "MONSTRUOS DIVERTIDOS"... ¿Lembrádesvos de cales eran ...? ¿E que lle pasou a perna do esqueleto?
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Para celebrar o Samaín, entre outras cousas, fixemos unha exposición de cabazas. Para elo, cada neno trouxo á aula unha cabaza elaborada coa axuda das súas familias. ¡OLLADE CANTA IMAXINACIÓN...!
MARÍA CUMPLE 4 ANOS
Outro cumple de outubro foi o de MARÍA. Naceu o 22 de setembro e cumpriu 4 aniños. Gracias á súa familia, celebrámolo cun riquísimo biscoito de chocolate co que nos puxemos as botas...¡FELICIDADES MARÍA!
YOEL CUMPLE 5 ANOS
O venres 17 de setembro, celebramos o cumple de YOEL. A súa familia mais él convidáronnos a unha exquisita tarta de chocolate e galleta e pasámolo moi ben. Unha vez máis... ¡FELICIDADES YOEL!
sábado, 6 de noviembre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)