O venres 29 adicámolo a GRAN CELEBRACIÓN DO SAMAÍN. Empregando a imaxinación e aproveitando o que tiñamos na casa, chegamos ó cole disfrazados dalgunha personaxe de medo: esqueletos, vampiros, bruxas, magos, calabazas... Cada neno falounos da súa cabaza, preparamos unha merenda especial e unha pócima quitamedos, maquillámonos as caras, bailamos e cantamos... e non paramos de rirnos das pintas que levabamos. Por certo... ¡QUE SUSTO LEVARON AS NOSAS FAMILIAS....! ¡UUUUUHHHHHHH!
No hay comentarios:
Publicar un comentario