Para festexar a chegada do SAMAÍN acordamos elaborar nas casas, en colaboración coas nosas familias, "seres" relacionados coa temática destas datas (o medo, a morte, o mal...) empregando cousas /froitos (etc.) relacionadas co outono, deixándose levar pola imaxinación. Gracias a voluntade e colaboración das familias, os "seres" que surxiron formaron parte dunha "terrible" exposición que montamos na aula e que, pouco a pouco, nos serviron para presentarllos aos demais... Ademáis, elaboramos morcegos (a modo de corbatas) coa teacher Irene e fixemos marionetas de esqueletos...
O propio día do Samaín, o 31 de outubro, tivo lugar o broche final: ¡¡¡FESTA DE DISFRACES!!! e houbo de todo un pouco: demos, bruxas, esqueletos, calabazas, fantasmas, dráculas, morcegos, etc. pero tamén moitas risas, sustos e agasallos. Para elo, tivemos o pracer de contar coa colaboración de Ana, a mamá de Aroa, quen se encargou de maquillarnos para a ocasión; e da familia de Sara, que nos trouxo unha riquísima e terrorífica merenda. Así pois, moitas grazas pola vosa colaboración e sabede que nós... ¡¡¡PASÁMOLO PIPA!!!