Un día despois de visitar o planetario móvil, fixemos un gran descubrimento no noso patio... ¿Lembrádesvos do que atopamos? Por primeira vez, nos tres anos que algúns levamos neste cole, atopamos 15 setas ou cogumelos bastante grandes, concretamente chamadas "lepiotas" e, segundo o que nos dixeron, comestibles. O certo é que nos gusta moito atoparnos con setas no patio, ensinálas, protexélas... pero desta vez eran moi diferentes e moito máis grandes. Mantivemos o segredo co fin de que non desapareceran...e como algunhas estaban dispostas en forma de círculo, intentabamos buscar se había algún "duende" agochado, tal e como aprendemos no libro segredo dos duendes. Ademáis, tocámolas, palpámolas, comparámolas, cheirámolas... etc. ¿Querédelas ver?
No hay comentarios:
Publicar un comentario