Na semana do Samaín, entre outras cousas, tamén participamos nun obradoiro de madalenas de cabaza. Grazas a iniciativa e a colaboración de Paula, a mamá de Sheyla, o mércores 26 de outubro, dispuxo os ingredentes e materiais necesarios (ademais do forno...) e convertémonos en pequenos cociñeiros por un día. Así pois, ademais de valorar e aproveitar os restos das cabazas (que anteriormente tallamos), os nenos tiveron a oportunidade de experimentar o proceso de elaboración das súas propias madalenas, lamberon a masa antes de ser cociñada, veron a transformación das madalenas e, finalmente, degustaron as súas madalenas.... aínda que tamén houbo quen a tragou antes de tempo... ¡ SOMOS UNS LAMBÓNS !
No hay comentarios:
Publicar un comentario