Nesta ocasión, decidimos achegar ós nenos/as ó Entroido das terras de Ourense... para que coñecesen os seus traxes, máscaras ou caroutas, os seus festexos... Logo de investigar sobre o tema, cada aula decidiu o traxe que ía representar: os peliqueiros, as mázcaras, os cigarróns, os boteiros... e nós eleximos facer unha particular homenaxe ás Pantallas de Xinzo, coincidindo coa aula de Soutelo. Aproveitando os preparativos desta celebración, e gracias a colaboración das familias, xuntámonos as aulas de Soutelo e Budiño para coñecernos, convivir, e desfrutar duns días cargados de emocións e novas experiencias: fixemos amigos/as; conversamos; traballamos en equipo na elaboración dos traxes e na recreación das personaxes; descubrimos un novo cole; xogamos ó lim do Entroido... e pasámolo xenial.
(En breve, estarán recollidas aquí as fotos)
Para achegar ós nenos ás celebracións deste Entroido, adicamos cadanseu día da semana do Entroido a un festexo: o luns fareleiro; (o martes non poidemos porque fomos plantar árbores) o mércores corredoiro; o xoves de comadres e compadres; e o venres fixemos o noso particular desfile polo CRA e as rúas de Salceda, no que nos convertemos nas PANTALLAS DE BUDIÑO. Días que viviron con moita ilusión, moitas ganas de troula, xogos e festa... ¡MIRADE COMO O PASAMOS! (Teredes que pinchar nos títulos que leven este símbolo *)
* LUNS FARELEIRO: (¡O QUE FAI A FARIÑA...!)
* MÉRCORES CORREDOIRO: (¡POBRE DO GALO... A CORRER...!)
* XOVES DE COMADRES E COMPADRES: (¡A POLO BONECO/A...!)
* VISITA INESPERADA DUNHA PANTALLA:
Xusto o día antes do desfile, recibimos unha visita sorpresa: ¿Sabedes quen apareceu na nosa aula? unha Pantalla que non parou de moverse, nin de rirse, nin de chocar as "vexigas" que levaba... ¡ menudo susto nos deu a todos...!¿Lembradesvos de quen era e que nos contou?... ¿Que lle facían as Pantallas aos que non ían disfrazados?
DESFILE DO ENTROIDO: (mentras agardamos a que cheguen máis fotos, aquí vos deixo un pequeno adianto...)

O NOSO TRABALLO
DESFILE DO ENTROIDO: (mentras agardamos a que cheguen máis fotos, aquí vos deixo un pequeno adianto...)
As PANTALLAS DE BUDIÑO vendo pasar ó resto do desfile...
No hay comentarios:
Publicar un comentario