BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.
Mostrando entradas con la etiqueta PLANTANDO ÁRBORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLANTANDO ÁRBORES. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de marzo de 2012

PRANTAMOS ÁRBORES...

O pasado martes 31 de xaneiro, fomos en autobús para prantar árbores nunha zona moi próxima ao IES, en Parderrubias, xunto cos compañeiros da aula de Revolta e dunha aula de 4 anos da Esfarrapada. Ao chegar alí, coñecemos a un grupo de persoas da comunidade de montes da zona e ao señor Darío quen, ademais de sélo seu presidente, explicounos todo o referente ao que íamos facer: tiñamos a grande responsabilidade de "apadriñar" unha árbore. Fixémolo en grupos de 3 nenos/as, empregando as ferramentas necesarias para poder facer un bo traballo e, finalmente, a cada árbore puxémoslle as etiquetas con cadanseu nome dos pequerrechos que o prantaron. Feito o traballo, desprazámonos ata o Borralliño para pegarnos unha boa merendola e desfrutar dun bo rato de tempo libre no que xogar. Como premio ao noso esforzo, grazas as familias de Mario E., Diego e Carlos, merendamos como reises ata fartarnos e... ¡ QUE BEN O PASAMOS !
.

miércoles, 23 de marzo de 2011

PLANTAMOS ÁRBORES NOS AGOEIROS

Logo de agardar a que o tempo nolo permitira, o pasado martes 1 de marzo poidemos ir a plantar as nosas propias árbores no Parque Natural dos AGOEIROS. Neste fermosa xornada de convivencia, compañeirismo e traballo en equipo, vivimos experiencias inesquecibles: plantamos 2 castiñeiros e 2 robles americanos, preto da poza, ós que lle colocamos os nosos nomes, para recoñecelos e facer o seu seguimento, segundo queiramos ver a súa evolución. Feito isto, desprazámonos á ruta dos muíños para merendar nas Cobas (ó lado do río), desfrutamos dun pequeno percorrido pola ruta e rematamos visitando e comprobando o funcionamento do muíño da Laxe. Traballamos, manchámonos, desfrutamos rindo e compartindo... e...¿lembradesvos de como voltamos?