BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

lunes, 5 de noviembre de 2012

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Para festexar a chegada do SAMAÍN acordamos elaborar nas casas, en colaboración coas nosas familias, "seres" relacionados coa temática destas datas (o medo, a morte, o mal...) empregando cousas /froitos (etc.) relacionadas co outono, deixándose levar pola imaxinación. Gracias a voluntade e colaboración das familias, os "seres" que surxiron formaron parte dunha "terrible" exposición que montamos na aula e que, pouco a pouco, nos serviron para presentarllos aos demais... Ademáis, elaboramos morcegos (a modo de corbatas) coa teacher Irene e fixemos marionetas de esqueletos...
 
O propio día do Samaín, o 31 de outubro, tivo lugar o broche final:  ¡¡¡FESTA DE DISFRACES!!!  e houbo de todo un pouco: demos, bruxas, esqueletos, calabazas, fantasmas, dráculas, morcegos, etc. pero tamén moitas risas, sustos e agasallos. Para elo, tivemos o pracer de contar coa colaboración de Ana, a mamá de Aroa, quen se encargou de maquillarnos para a ocasión; e da familia de Sara, que nos trouxo unha riquísima e terrorífica merenda. Así pois, moitas grazas pola vosa colaboración e sabede que nós... ¡¡¡PASÁMOLO  PIPA!!!


O 1º CUMPLE DESTE CURSO: RAÚL

O pasado mércores 24 de outubro RAÚL cumpriu 4 aniños pero, para respectar o noso calendario das merendas, celebrámolo por todo o alto no seguinte venres, día de "rico-rico". Nesta ocasión, Raúl foi o encargado de inaugurar as  celebracións de cumpreanos deste novo curso. Gracias a súa nai, Mónica, celebramos o seu cumple cun rico biscoito (que tamén aproveitaron para decorar), patatas fritas, aneles e demáis aperitivos... e pasámolo moi ben.   ¡PARABÉNS RAÚL E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!


VEXO, VEXO... COGUMELOS

Un día despois de visitar o planetario móvil, fixemos un gran descubrimento no noso patio... ¿Lembrádesvos do que atopamos? Por primeira vez, nos tres anos que algúns levamos neste cole, atopamos 15 setas ou cogumelos bastante grandes, concretamente chamadas "lepiotas" e, segundo o que nos dixeron, comestibles. O certo é que nos gusta moito atoparnos con setas no patio, ensinálas, protexélas... pero desta vez eran moi diferentes e moito máis grandes.  Mantivemos o segredo co fin de que non desapareceran...e como algunhas estaban dispostas en forma de círculo, intentabamos buscar se había algún "duende" agochado, tal e como aprendemos no libro segredo dos duendes. Ademáis, tocámolas, palpámolas, comparámolas, cheirámolas... etc. ¿Querédelas ver?
 

domingo, 4 de noviembre de 2012

VISITAMOS O PLANETARIO MÓVIL

O pasado martes 23 de outubro, desprazámonos ata a sede do noso CRA para visItar o PLANETARIO  MÓVIL, situado no ximnasio do C.E.P. Chegado o momento, os membros da nosa ANPA "AS LANDRAS", dispuxeron o necesario para que poidesemos desfrutar dunha experiencia curta pero abraiante e inesquecible ... ¡¡¡DESCUBRIMOS ALGÚNS DOS SEGREDOS QUE SE ESCONDEN NO ESPACIO!!! ¿Quedámonos con ganas de seguir descubrindo máis sobre o tema? Pois farémolo pouco a pouco...

      Ademáis, aproveitando a nosa estancia no CRA, pasámola mañá: coñecendo e desfrutando das instalacións do mesmo; compartimos momentos e diversas experiencias cos nenos de 4C e coa súa mestra PILI; coñecemos novos compañeiros e novos espazos de xogo... en fin... penso que todos o pasaron    ¡¡¡REQUETEGUAI!!!
 

OS PRIMEIROS DÍAS...

¿Como foi o comezo?  Nestes primeiros días houbo de todo e para todos: moitos bicos, abrazos e sentimentos positivos...;  momentos cheos de sentimentos, ilusións, conversas, sorpresas, reencontros, descubrimentos, amizades, experiencias novidosas...;  e, por se fose pouco, tivemos o pracer de desfrutar das riquísimas merendas que a familia de SARA nos trouxo para compartir (magdalenas, galletas, tarta de mazá, etc.).  Ademáis, e sen contar, viñeronnos visitar dúas ex-compañeiras do curso pasado (Noa; María, a súa nai Mónica e o recén chegado irmán Luís). Así, en lembranza do inicio deste curso aquí vos deixo estas fotiños...



 

sábado, 3 de noviembre de 2012

NÓS SOMOS...

NESTE NOVO CURSO, A DIFERENCIA DO PASADO, CASE TODOS NOS COÑECEMOS... POLO TANTO, RECIBIREMOS CUNHA CALUROSA  BENVIDA  A  SARA,  A ÚNICA BENXAMINA DE 3 ANOS QUE ESTARÁ CON NÓS DESFRUTANDO DESTA NOVA ETAPA.
  


benvidos
 
OLA A TODOS E A TODAS, XA ESTAMOS AQUÍ. LOGO DAS VACACIÓNS DE VERÁN, VIMOS CHEÍÑOS DE NOVAS ENERXÍAS E DE ILUSIÓNS PARA COMEZAR 0 NOVO CURSO 2012/13. ¿ESTADES DISPOSTOS A DESCUBRIR E DISFRUTAR AS NOVAS EXPERIENCIAS?    POIS...
 
            ¡¡¡BENVIDOS A ESTA NOVA ETAPA!!!

viernes, 9 de marzo de 2012

MARIO XA CUMPRIU 6 ANIÑOS

MARIO, que naceu o 4 de marzo do 2006, é o primeiro dos "maiores" en cumprir os 6 aniños. Tal e como falabamos nestes días, eres: o máis maior de todo o grupo dos piratas de Budiño. Aínda que realmente estiveches de cumple o pasado domingo día 4, como xa sabes, tivemos que esperar ata hoxe venres día de "rico-rico" para festexar no cole o teu cumpreanos pero... ¡MENUDA MERENDOLA NOS PAPAMOS!...  e todo elo grazas ao que nos trouxo a túa familia: dous biscoitos, bombóns de chocolate, zumes... O certo é que pensabamos que ía sobrar un montón pero, rematada a festa... démonos conta de que SOMOS UNS PIRATAS MOI LAMBERETEIROS ¿Si ou non?. Asi e todo, desexámosche unha vez máis ¡FELIZ CUMPREANOS GRANDULLÓN! e un biquiño moi grande para toda a familia.


martes, 6 de marzo de 2012

POR FIN... ¡ SOMOS OS PIRATAS DE BUDIÑO !

O broche final a tantos días "loucos" foi o venres 17 de febreiro, un día moi especial no que o máis importante é pasálo moi requeteben. Nada máis comezar a mañá, e grazas aos familiares que estiveron connosco, dispuxémonos na aula para dar os últimos retoques ao noso disfrace ( maquillaxe, colocación dalgún elemento, etc. ) démoslle a benvida ao profe Arturo e iniciouse o tempo para sacar un montón de fotos curiosas e preciosas. Feito isto, desprazámonos en bus, atopámonos cunha gran variedade de disfraces e, todos xuntos, comezamos o desfile polas rúas de Salceda. Finalmente, ocupamos a praza, vimos todo tipo de actuacións por parte dos compañeiros de todo o CRA e, como non ía ser menos, nós tamén subimos ao escenario para representar a melodía de Lazy Town "Tú eres pirata" (e para "queimar" toda a merenda que nos zampamos ao longo da mañá...).  ¿Que tal o pasastes? ... ¿Queredes ver as fotos?




Aínda queredes máis?... Non vos preocupedes aquí están...



Unha vez máis, moitísimas grazas pola vosa colaboración.

TRABALLANDO NO NOSO DISFRACE

Como xa lles comentei, o tema que escollemos para disfrazarnos no CRA xirou ao da música (estilos, melodías, cantigas...) que cada aula escolleu. A partires da peza escollida, caracterizamos aos nenos e aprendemos unha breve escenificación coa que "desfilamos" para o público alí presente ao remate do desfile polas rúas de Salceda. No noso caso, e por elección dos propios nenos, acordamos converternos en piratas... e, naqueles intres todos actuaban como tal...   OS PIRATAS DE BUDIÑO, ademais doutras actividades, tamén colaboramos no noso traxe e elaboramos algúns dos complementos do noso disfrace: o catalexo, polo que vían a realidade ao gusto de cada un e a calavera que todo temible pirata debe ter sen falta... ¿Queredes velas imaxes dalgúns destes momentos? 


FESTA DE ENTROIDO EN BUDIÑO

O mércores 15 de febreiro, no medio dos preparativos entroideiros, celebramos na aula a nosa particular festa de Entroido e cada un de nós viu disfrazado do que quixo. Presentamos o noso disfraz e conversamos sobre el (vestimenta, maquillaxe, complementos...), posamos para "a prensa", etc. levamos a cabo un obradoiro de maquillaxe no que, os que máis levaban a iniciativa nos fixeron esperar turno para que nos atenderan, cantamos, baillamos... e, por se isto fose pouco... ¿quen nos chegou por sorpresa a clase no medio de tanto follón? un traballador do concello que nos viña a facer algunhas "chapuzas" ¿lembrádesvos de quen era?... ¿E de que nos trouxo a clase para encher as barriguiñas?... supoño que si. Así e todo, eu aínda recordo das caras que puxemos cando alí nos chegou e, sobre todo, da cara que lle deixastes despois da man de pintura que lle puxestes a ela e a min na cara... Moitas grazas Paula e non perdas as mañas pero... logo de tanta festa rachada... ¡CANTO TEMPO BOTAMOS A DESMAQUILLARNOS!. 


lunes, 5 de marzo de 2012

PRANTAMOS ÁRBORES...

O pasado martes 31 de xaneiro, fomos en autobús para prantar árbores nunha zona moi próxima ao IES, en Parderrubias, xunto cos compañeiros da aula de Revolta e dunha aula de 4 anos da Esfarrapada. Ao chegar alí, coñecemos a un grupo de persoas da comunidade de montes da zona e ao señor Darío quen, ademais de sélo seu presidente, explicounos todo o referente ao que íamos facer: tiñamos a grande responsabilidade de "apadriñar" unha árbore. Fixémolo en grupos de 3 nenos/as, empregando as ferramentas necesarias para poder facer un bo traballo e, finalmente, a cada árbore puxémoslle as etiquetas con cadanseu nome dos pequerrechos que o prantaron. Feito o traballo, desprazámonos ata o Borralliño para pegarnos unha boa merendola e desfrutar dun bo rato de tempo libre no que xogar. Como premio ao noso esforzo, grazas as familias de Mario E., Diego e Carlos, merendamos como reises ata fartarnos e... ¡ QUE BEN O PASAMOS !
.

domingo, 4 de marzo de 2012

OS PRIMEIROS CUMPRES DO ANO

Iniciamos o curso festexando un cumpreanos dobre da man de HUGO e MARIO  E. . Desta volta, o que se estrea en celebrar o cumpre na aula é Hugo, xa que naceu o 1 de xaneiro e acaba de cumprir 4 anos. No caso de Mario E., quen xa ten experiencia do curso pasado, celebra que o 8 cumpriu 5 aniños. Polo tanto, ámbolos dous son os máis maiores dos seus grupos "peques" e "medianos", respetivamente. Neste primeiro venres, día de rico-rico, poidemos lambernos os dedos grazas á riquísima tarta de 3 chocolates, os zumes e os bombóns, tamén de chocolate, que trouxeron as súas familias. Novamente aproveito a ocasión para desexarvos: ¡ FELIZ CUMPRE HUGO E MARIO E.!


feliz

ano

A FESTA DE NADAL NA NOSA AULA

Ao día seguinte da festa no CRA, seguimos celebrando a chegada do Nadal pero xa na nosa aula. A pesares de non estar todos (xa que algúns estiveron maliños), foi un día moi especial e cheo de sorpresas no que, ademais, celebramos un triple cumpreanos: Aroa, Ana e Pablo, que cumprían aniños nestes días. Entre outras cousas, preparamos os seus agasallos, cantamos a panxoliña de Rodolfo o reno, baillamos, xogamos... e, para a merenda, tivemos onde escoller: tarta, croissants, chocolate quente... Por se isto fose pouco, lambémonos os dedos cos ricos bombóns de chocolate que nos foron tocando día a día co noso calendario de advento e, para rematar, tivemos unha gran merendola e festa a rachar... que é o que máis nos gusta... 




NADAL CUMPREAÑEIRO...

No último día lectivo do mes de Nadal tivemos a gran sorte de celebrar un cumpreanos bastante numeroso, xa que coincidiu que tres dos nosos compañeiros cumprían anos. AROA e PABLO, os máis pequenos do grupo dos "peques", cumpriron xa 3 aniños; no caso de Aroa, o día 20 e, no caso de Pablo, xusto o último día do mes, o 31 de decembro. Ademáis, xunto con eles, tamén ANA cumpriu xa 4 anos o 22 de decembro, polo que tamén é a máis benxamina dos "medianos". Para elo e grazas as súas familias, poidemos degustar unha rica tarta de chocolate adornada cun montón de chuches, mini-croissants e chocolate quentiño para acabar de encher as nosas barriguiñas... Menos mal que tiñamos día de festa para poder queimar enerxías... Así e todo, unha vez máis desexarvos:  ¡ FELIZ CUMPREANOS AROA, ANA E PABLO !

 

jueves, 1 de marzo de 2012

CELEBRAMOS O NADAL

O 20 de decembro fomos en autobús ao CRA para, xunto con todos os nenos e nenas do centro e das parroquias, celebrar unha gran festa nadaleira. Xuntámonos alí: uns 260 nenos, numerosos familiares que viñan colaborar nalgún dos talleres e todo o profesorado... ademais de ter o grande pracer de volver atoparnos co Apalpador (aínda que para moitos, era a primeira vez que o ían ter diante). ¿Que aconteceu alí? fomos rotándonos por equipos ata pasar polos obradoiros propostos para o ocasión: maquillaxe, audiovisuais, música, psicomotricidade e a visita o apalpador. Finalmente, e logo de tanta variedade e diversión, fomos merendar os ricos biscoitos aportados dende todas as aulas e, como non, quentamos as nosas barriguiñas cun delicioso e quentiño chocolate co que nos puxemos as botas... En fin, houbo sorpresas para todos e pasámolo en grande...


martes, 28 de febrero de 2012

A NOSA APORTACIÓN PARA O 2012

Dado o gran éxito que tivo nas aulas o calendario-refraneiro do 2011, feito por todas as aulas, decidimos volver a facer un calendario colectivo para todo o CRA. Para o 2012 a temática centrouse na recuperación dos XOGOS TRADICIONAIS... e, polo que respecta a nosa aula, escollemos representar e lembrar o xogo dos BOLOS CELTAS. Para iso, unha vez que os elaboramos e os personalizamos, aprendemos as súas normas de xogo e, como non ía ser menos, divertímonos xogando con eles. Mentras tanto, fixemos algunhas fotiños e, logo de escoller a que ía a nos representar, adxuntámoslle unha fórmula de botar a sortes e... rematamos decorando a nosa folla para o CALENDARIO DE XOGOS POPULARES 2012. Ao final, xuntamos todas as aportacións das aulas, confeccionámolo e, grazas a iso, pouco a pouco e coa axuda do calendario que temos na aula, imos lembrando todos aqueles xogos cos que os nosos pais e avós pasaban o tempo .  ¿Queredes recordar como o fixemos e como disfrutamos xogando?