BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.
Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de marzo de 2013

FOTOS ACHEGADAS POLAS FAMILIAS

Nesta primeira presentación, achégovos as fotos que facilitaron:  Meli, a nai de Belén;  Ana, a nai de Aroa   e   a teacher, Irene, que nos acompañou no desfile e coa que tivemos a sorte de compartir moi bos momentos...  En calquera caso, que saibades que vos agradezo moitísimo a vosa colaboración.
 




Na segunda, as fotos achegadas por Sandra, a nai de Ana e Pablo ( repartidas en 2 bloques de fotos)
 

 
 




Polo momento, nesta terceira, só dicirlles... que estamos agardando máis fotiños e, por agora, queda baleira.

martes, 28 de febrero de 2012

¡ VISITA SORPRESA !

O pasado mércores 23 de novembro, aproveitando o proxecto dos bebés que estamos levando a cabo na aula, recibimos unha... ¡VISITA SORPRESA! e, nunca mellor dito porque, as súas protagonistas tamén viñan con cadansúa sorpresa nas súas barriguiñas: OS SEUS BEBÉS.   Yoli, Leni e Belén foron as tres "mamis" que nos viñeron contar as súas experiencias, os seus sentimentos, anécdotas... sobre os bebés que levaban dentro. Conversamos con elas, preguntamoslles dúbidas, etc. e, ademais de deixarnos apalpar con moito coidado, tamén tivemos o pracer de poder pintar as súas barriguiñas ao gusto de cada un. Finalmente, entre todos, fixémoslle uns pequeniños agasallos para elas e os seus bebés, desexándolles moi boa sorte e pedíndolles que nos volvesen visitar nalgunha ocasión para ver e coñecer aos seus bebés. ¿Queredes velas fotos?    Mirade que cariñas nos quedaron... (Son 2 presentacións)


Pero... ¿Queredes máis?    Esperade que aquí vos deixo as que faltan...




domingo, 26 de febrero de 2012

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Como broche final a toda unha semana de preparativos varios, chegou o gran día no que celebramos: O SAMAÍN, o venres 28 de outubro. Lembramos o que fixemos durante a semana (os obradoiros, as visitas que tivemos...), conversamos sobre a elaboración das criaturas monstruosas que, coa axuda das familias, trouxeron para ambientar a nosa aula, da exposición das mesmas, etc. e, como non ía ser menos, PRESENTAMOS OS NOSOS DISFRACES DE MEDO. ¿Algo máis? Por suposto, grazas a colaboración de Ana, a nai de Aroa, poidemos caracterizar o noso disfrace coa axuda dunha boa maquillaxe... ¡QUE MONSTRUOSAMENTE CURRIÑOS QUEDAMOS!


OS NOSAS CRIATURAS MONSTRUOSAS

Ao longo da semana adicada ao Samaín, grazas a colaboración das familias, puxemos en marcha a nosa creatividade e imaxinación para elaborar, ao gusto de cada un, algunha criatura ou monstro relacionado co Samaín. Houbo de todo e moi variado: cabazas talladas e personalizadas, animais varios, móviles, etc. e ata chegou a nosa aula un dinosaurio... Unha vez reunidas e presentadas, fixeron parte dunha curiosa exposición polo Samaín e... mirade que chuli nos quedou:


FACEMOS MADALENAS DE CABAZA

Na semana do Samaín, entre outras cousas, tamén participamos nun obradoiro de madalenas de cabaza. Grazas a iniciativa e a colaboración de Paula, a mamá de Sheyla, o mércores 26 de outubro, dispuxo os ingredentes e materiais necesarios (ademais do forno...) e convertémonos en pequenos cociñeiros por un día. Así pois, ademais de valorar e aproveitar os restos das cabazas (que anteriormente tallamos), os nenos tiveron a oportunidade de experimentar o proceso de elaboración das súas propias madalenas, lamberon a masa antes de ser cociñada, veron a transformación das madalenas e, finalmente, degustaron as súas madalenas.... aínda que tamén houbo quen a tragou antes de tempo...      ¡ SOMOS UNS  LAMBÓNS !


viernes, 24 de febrero de 2012

TALLANDO CABAZAS...

Durante a semana na que nos ocupamos dos preparativos para o Samaìn e, concretamente, no luns 24 de outubro, tivemos o pracer de levar a cabo na aula un obradoiro sobre o tallado de cabazas para o Samaìn. Para elo, contamos coa iniciativa e a axuda de dùas nais: Paula, a nai de Sheyla; e Mònica, a de Marìa, as que lle agradecemos moito a sùa colaboraciòn. Elas mesmas, trouxeron a aula diversas cabazas (en forma, tamaño...) e, entre outras cousas, falamos das a mesmas e sobre o proceso de vaciado, tallado, os usos das cabazas, ... participamos na comprobaciòn do seu peso, no proceso de tallado e na posta apunto das cabazas nun lugar moi, moi escuro... no que, ao final, todos visitaron entrando cos ollos pechados.                              ¿Queredes velas imaxes?  


jueves, 23 de febrero de 2012

OS NOSOS DESEXOS...

Ao longo das primeiras semanas deste novo curso, as nosas familias colaboraron nunha experiencia moi bonita... pediuselles que reflexasen nun papel, en forma de "bocadillo dun comic", aquel desexo que lle gustaria que se cumprise ao longo do presente curso, deixàndose levar pola sùa imaxinaciòn e poidendo empregar o que se lles ocurrise: textos, debuxos, imaxes, etc.
Asì pois, estes son os desexos que para este curso pediron as nosas familias e, polo tanto, tamèn os teremos en conta no noso quefacer diario cos nenos e nenas de Budiño...

¡Oxalà que se cumpran!


domingo, 19 de junio de 2011

AS NOSAS CALABAZAS

Lembrádesvos da curiosidade que tiñamos para que brotasen as nosas cabazas? E de como foron crecendo, botando raíces, etc. ó longo de todo un mes? Non vos preocupedes, por se algún non o fai, ahí vos deixo as fotos que lles quitamos para recordar como foi o seu crecemento coa axuda da auga, o sol e a terra....  e as do venres 17 de xuño, o día no que as levamos para a casa , para transplantala e seguila coidando.

A VISITA DE PAULA

O pasado mércores 18 de maio recibimos unha visita moi especial: PAULA, a mamá de SHEYLA, que nos viu ensinar como plantar unha cabaza. Aproveitando os seus coñecementos e a súa axuda: conversamos sobre os coidados dunha planta e sobre as utilidades das cabazas, decoramos uns vasos plásticos que farían de semilleiros, preparamos uns gorros de papel de periódico cos que protexernos do sol e, finalmente, saímos ó patio para plantar as semillas de cabaza que nos trouxo. Pasámolo moi ben: experimentamos coa terra, tocámola, cheirámola, repartímola, colocámola axeitadamente para acomodar as semillas, etc. e puxemos os nosos semilleiros nun lugar apropiado. ¿Cantas semillas plantou cada un? foron 4 e de 2 tipos diferentes. Como broche final desta visita, degustamos un riquísito biscoito de cabaza feito por Paula para a ocasión. Así pois, ¡Moitísimas gracias pola túa visita e pola receita e... volve cando queiras!.




domingo, 24 de abril de 2011

A VISITA DE LISI

A encargada de polo broche final á semana da familia foi LISI, a tía da nosa benxamina, ANA. Nesta ocasión, e aproveitando que traballa no Verbum (A casa das palabras, en Vigo), Lisi viunos a contar onde traballa, con quen e como traballa... e, para que experimentásemos e comprendésemos como traballan cos nenos cegos, tamén nos trouxo moito material adaptado ás características destes nenos. Así pois, todos nós puidemos: coñecer, abrazar e xogar con Braillín; exoerimentar como se representan as letras e os números na linguaxe do braille, para os nenos cegos; ver e tocar os seus dados, os seus taboleiros da oca, do parchis... e, finalmente, rematamos facendo un colgante co noso nome escrito en braille. Así pois, ¿moitísimas grazas Lisi por compartir con o teu traballo e volve cando queiras!.


A VISITA DE MARÍA

O xoves 31 de marzo viunos visitar MARÍA, a mamá de YOEL. Logo de presentarnos e conversar con ela, propúxonos facer unha manualidade: a elaboración dun curioso e divertido xogo chamado "baleiro". Así pois, puxémonos mans á obra e, pouco a pouco: cada un de nós personalizamos e fixemos o noso propio xogo do baleiro. Ademais, experimentamos a nosa habilidade para xogar, inventamos novas formas para pasálo ben xogando e fixemos un pequeno concurso... no que Yoel saíu gañador. ¿Lembrádesvos de como se xogaba?. ¡Moitas gracias María pola túa visita e volve cando queiras!.



sábado, 23 de abril de 2011

A VISITA DA FAMILIA DE MARIO E.

No martes 29 de marzo visitounos unha grande representación da familia de Mario E.: a súa madriña, Mª Carmen;  a súa avoa Rosa; dúas das súas amigas (Lidia, quen tamén se disfrazou; e Marina) e un dos irmáns de Mario E., Xesús. Logo de presentarnos, a madriña de Mario E. tomou as rendas e, ademais de acompañarnos coa súa guitarra, ensinounos unha fermosa cantiga: "Yo tengo un trenecito de color azul", composta por ela mesma para esta ocasión tan especial. Fixemos de todo ó redor da canción: entonámola, bailámola con xestos e movementos, improvisamos... e rímonos un montón, especialmente pola marcha e os ánimos que traían. ¡Moitas grazas a todas elas e ata a próxima!.


A VISITA DE ROCÍO

A encargada de inaugurar a semana da familia foi ROCÍO, a mamá de AINHOA. Viunos visitar no primeiro día, no luns 28, e chegou á aula cargada de riquísima froita... ¿Lembrádesvos do que nos viu ensinar? Grazas a mamá de Ainhoa: descubrimos que é unha macedonia de froitas..., como se fai..., e a que sabe... primeiro, sen azúcar e, despois, con el (para os máis lambóns, que fomos todos). En calquera caso, convertémonos en cociñeiros, comemos como reis e, o mellor de todo, que o pasamos moi ben desfrutando da súa compaña... ¡Moitas gracias Rocío e volve cando queiras!.

                        

         

A SEMANA DA FAMILIA

Dende o 28 de marzo ó 1 de abril, celebramos a II SEMANA DA FAMILIA no cole. Para elo, como recordaredes, convidámosvos a todos os familiares dos pequerrechos/as de Budiño para que vos animásedes a vir presentarnos calquera proposta ou actividade que se vos ocurrise. Lembradesvos do que pasou...? Foi unha semana para todos os gustos e estivo chea de alegría, ilusións, novidades e... de imaxes. Queredes velas? Aí vos van...