BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.
Mostrando entradas con la etiqueta O MAGOSTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O MAGOSTO. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de marzo de 2013

TEMPO DE MAGOSTO

O pasado martes, 13 de Novembro, poidemos desfrutar dunha saída moi especial: a celebración do MAGOSTO NO BORRALLIÑO. Provistos do porta-castañas que fixemos na aula, chegamos ao Borralliño no autobús e atopámonos cos demais nenos e nenas do CRA para desfrutar, entre outras cousas: dunha xornada moi lúdica e de convivencia, de reencontros inesperados, da degustación das castañas asadas do magosto, do pracer de farruscarse co chamosco ... todo elo nun entorno natural e moi fermoso.   Como broche final, convertémonos en RAPEIROS... para cantar todos xuntos: "O RAP DO MAGOSTO" , composto coas estrofas aportadas por cadansúa aula.
 

domingo, 26 de febrero de 2012

ÍMONOS DE MAGOSTO

O pasado martes, 8 de novembro, desprazámonos todos os nenos e nenas do CRA ata o parque do Borralliño, en Soutelo, para festexar O MAGOSTO. A pesares de que o tempo nos xogou unha mala pasada, pasamos un día moi especial e cheo de sorpresas: algúns aproveitamos a oportunidade para ir na procura de ananos, buscando as pistas que nos deixaron no monte, outros escoitamos a súa presencia, aprendemos cousas sobre eles.... e para rematar, poidemos xogar e degustar as castañas preparadas alí no magosto, xunto coas mandarinas que, por se acaso, tamén levabamos. Logo de tanta troula.... ¡Mirade o que alí fixemos!



domingo, 7 de noviembre de 2010

O MAGOSTO NO BORRALLIÑO

O pasado venres fixemos unha saída para celebrar o Magosto no parque do Borralliño, en Soutelo. Para algúns nenos, foi un día cheo de experiencias novas: a súa primeira viaxe en autobús; o seu primeiro encontro con todos os compañeiros e os mestres do CRA; o contacto coa natureza; etc. e, aínda así, non lles supuxo ningún problema, todo o contrario. Xuntos e revoltos, vivimos e destrutamos dun montón de experiencias: coñecemos o lugar; atopamos e recollemos follas de moitas formas e cores; fixemos amigos; xogamos ás carreiras de sacos, ó comecastañas, á culler e á castaña, á corda...; merendamos mandarinas e castañas asadas; pintámonolas caras; cantamos no autobús... e o máis importante... ¡PASÁMOLO PIPA!