BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

domingo, 3 de marzo de 2013

UN CUMPREANOS NUMEROSO...

Neste último venres lectivo deste curso, o do 21 de decembro do 2012,  tivemos o pracer de celebrar un triple cumpreanos a cargo de: AROA, ANA e PABLO, nados no 20, 22 e 31 de decembro, respectivamente. Polo tanto, Aroa e Pablo cumpriron 4 aniños e, no caso de Ana, 5, polo que este vai ser o seu último cumpre entre nós...  Grazas as súas familias, poidemos lambernos ben os dedos ¿por que? porque nesta ocasión tan especial nos trouxeron un par de orixinais tartas feitas con moitísimas chuches e lambetadas, adornadas por lindas figuriñas de xoguete. ¿Lembrádesvos das cores das vosas linguas? Seguro que sí....   En calquera caso, ¡¡¡Moitísimas felicidades polo voso cumple!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario