BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

domingo, 19 de junio de 2011

AS NOSAS CALABAZAS

Lembrádesvos da curiosidade que tiñamos para que brotasen as nosas cabazas? E de como foron crecendo, botando raíces, etc. ó longo de todo un mes? Non vos preocupedes, por se algún non o fai, ahí vos deixo as fotos que lles quitamos para recordar como foi o seu crecemento coa axuda da auga, o sol e a terra....  e as do venres 17 de xuño, o día no que as levamos para a casa , para transplantala e seguila coidando.

CARLOS CUMPLE 4 ANOS

O pasado domingo 22 de maio, Carlos cumpriu 4 anos pero, ao  cadrar en domingo, celebrámolo no venres 27 dese mes. Así pois, foi o seu primeiro cumple no cole... e xa ten, como el mesmo di, "a silla do revés". Gracias a el e a súa familia, poidemos degustar a rica tarta de chocolate e nata que nos trouxo a súa avoa Amelia. Unha vez máis... ¡MOITAS FELICIDADES CARLOS!


A VISITA DE PAULA

O pasado mércores 18 de maio recibimos unha visita moi especial: PAULA, a mamá de SHEYLA, que nos viu ensinar como plantar unha cabaza. Aproveitando os seus coñecementos e a súa axuda: conversamos sobre os coidados dunha planta e sobre as utilidades das cabazas, decoramos uns vasos plásticos que farían de semilleiros, preparamos uns gorros de papel de periódico cos que protexernos do sol e, finalmente, saímos ó patio para plantar as semillas de cabaza que nos trouxo. Pasámolo moi ben: experimentamos coa terra, tocámola, cheirámola, repartímola, colocámola axeitadamente para acomodar as semillas, etc. e puxemos os nosos semilleiros nun lugar apropiado. ¿Cantas semillas plantou cada un? foron 4 e de 2 tipos diferentes. Como broche final desta visita, degustamos un riquísito biscoito de cabaza feito por Paula para a ocasión. Así pois, ¡Moitísimas gracias pola túa visita e pola receita e... volve cando queiras!.