BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

martes, 28 de febrero de 2012

A NOSA APORTACIÓN PARA O 2012

Dado o gran éxito que tivo nas aulas o calendario-refraneiro do 2011, feito por todas as aulas, decidimos volver a facer un calendario colectivo para todo o CRA. Para o 2012 a temática centrouse na recuperación dos XOGOS TRADICIONAIS... e, polo que respecta a nosa aula, escollemos representar e lembrar o xogo dos BOLOS CELTAS. Para iso, unha vez que os elaboramos e os personalizamos, aprendemos as súas normas de xogo e, como non ía ser menos, divertímonos xogando con eles. Mentras tanto, fixemos algunhas fotiños e, logo de escoller a que ía a nos representar, adxuntámoslle unha fórmula de botar a sortes e... rematamos decorando a nosa folla para o CALENDARIO DE XOGOS POPULARES 2012. Ao final, xuntamos todas as aportacións das aulas, confeccionámolo e, grazas a iso, pouco a pouco e coa axuda do calendario que temos na aula, imos lembrando todos aqueles xogos cos que os nosos pais e avós pasaban o tempo .  ¿Queredes recordar como o fixemos e como disfrutamos xogando?  


¡ VISITA SORPRESA !

O pasado mércores 23 de novembro, aproveitando o proxecto dos bebés que estamos levando a cabo na aula, recibimos unha... ¡VISITA SORPRESA! e, nunca mellor dito porque, as súas protagonistas tamén viñan con cadansúa sorpresa nas súas barriguiñas: OS SEUS BEBÉS.   Yoli, Leni e Belén foron as tres "mamis" que nos viñeron contar as súas experiencias, os seus sentimentos, anécdotas... sobre os bebés que levaban dentro. Conversamos con elas, preguntamoslles dúbidas, etc. e, ademais de deixarnos apalpar con moito coidado, tamén tivemos o pracer de poder pintar as súas barriguiñas ao gusto de cada un. Finalmente, entre todos, fixémoslle uns pequeniños agasallos para elas e os seus bebés, desexándolles moi boa sorte e pedíndolles que nos volvesen visitar nalgunha ocasión para ver e coñecer aos seus bebés. ¿Queredes velas fotos?    Mirade que cariñas nos quedaron... (Son 2 presentacións)


Pero... ¿Queredes máis?    Esperade que aquí vos deixo as que faltan...




lunes, 27 de febrero de 2012

NOA CELEBRA SANTO E CUMPRE...

O venres 11 de novembro, día de rico-rico, celebramos con NOA o seu santo e o seu 5º cumpreanos. O certo é que xa estivo de cumpre o 18 de xullo pero, como cadra nas vacacións de verán, nunca tivo a ocasión de celebrálo cos seus compañeiros/as. Por esta razón, e aproveitando que o 10 de novembro foi o seu santo, por fin puido festexalo por primeira vez no cole e por partida dobre...  Para elo, tivemos a ocasión de pórnos as botas coa rica tarta de chocolate que a súa nai, Meli, lle fixo con todo o seu cariño para este día tan especial para Noa.  ¡Noraboa e moitísimas felicidades!.


domingo, 26 de febrero de 2012

ÍMONOS DE MAGOSTO

O pasado martes, 8 de novembro, desprazámonos todos os nenos e nenas do CRA ata o parque do Borralliño, en Soutelo, para festexar O MAGOSTO. A pesares de que o tempo nos xogou unha mala pasada, pasamos un día moi especial e cheo de sorpresas: algúns aproveitamos a oportunidade para ir na procura de ananos, buscando as pistas que nos deixaron no monte, outros escoitamos a súa presencia, aprendemos cousas sobre eles.... e para rematar, poidemos xogar e degustar as castañas preparadas alí no magosto, xunto coas mandarinas que, por se acaso, tamén levabamos. Logo de tanta troula.... ¡Mirade o que alí fixemos!



CELEBRAMOS O SAMAÍN

Como broche final a toda unha semana de preparativos varios, chegou o gran día no que celebramos: O SAMAÍN, o venres 28 de outubro. Lembramos o que fixemos durante a semana (os obradoiros, as visitas que tivemos...), conversamos sobre a elaboración das criaturas monstruosas que, coa axuda das familias, trouxeron para ambientar a nosa aula, da exposición das mesmas, etc. e, como non ía ser menos, PRESENTAMOS OS NOSOS DISFRACES DE MEDO. ¿Algo máis? Por suposto, grazas a colaboración de Ana, a nai de Aroa, poidemos caracterizar o noso disfrace coa axuda dunha boa maquillaxe... ¡QUE MONSTRUOSAMENTE CURRIÑOS QUEDAMOS!


OS NOSAS CRIATURAS MONSTRUOSAS

Ao longo da semana adicada ao Samaín, grazas a colaboración das familias, puxemos en marcha a nosa creatividade e imaxinación para elaborar, ao gusto de cada un, algunha criatura ou monstro relacionado co Samaín. Houbo de todo e moi variado: cabazas talladas e personalizadas, animais varios, móviles, etc. e ata chegou a nosa aula un dinosaurio... Unha vez reunidas e presentadas, fixeron parte dunha curiosa exposición polo Samaín e... mirade que chuli nos quedou:


FACEMOS MADALENAS DE CABAZA

Na semana do Samaín, entre outras cousas, tamén participamos nun obradoiro de madalenas de cabaza. Grazas a iniciativa e a colaboración de Paula, a mamá de Sheyla, o mércores 26 de outubro, dispuxo os ingredentes e materiais necesarios (ademais do forno...) e convertémonos en pequenos cociñeiros por un día. Así pois, ademais de valorar e aproveitar os restos das cabazas (que anteriormente tallamos), os nenos tiveron a oportunidade de experimentar o proceso de elaboración das súas propias madalenas, lamberon a masa antes de ser cociñada, veron a transformación das madalenas e, finalmente, degustaron as súas madalenas.... aínda que tamén houbo quen a tragou antes de tempo...      ¡ SOMOS UNS  LAMBÓNS !


viernes, 24 de febrero de 2012

TALLANDO CABAZAS...

Durante a semana na que nos ocupamos dos preparativos para o Samaìn e, concretamente, no luns 24 de outubro, tivemos o pracer de levar a cabo na aula un obradoiro sobre o tallado de cabazas para o Samaìn. Para elo, contamos coa iniciativa e a axuda de dùas nais: Paula, a nai de Sheyla; e Mònica, a de Marìa, as que lle agradecemos moito a sùa colaboraciòn. Elas mesmas, trouxeron a aula diversas cabazas (en forma, tamaño...) e, entre outras cousas, falamos das a mesmas e sobre o proceso de vaciado, tallado, os usos das cabazas, ... participamos na comprobaciòn do seu peso, no proceso de tallado e na posta apunto das cabazas nun lugar moi, moi escuro... no que, ao final, todos visitaron entrando cos ollos pechados.                              ¿Queredes velas imaxes?  


DON OUTONO XA CHEGOU

Don outono xa chegou e... ¿que foi o que nos deixou? ... as follas das àrbores polo chan, froitas e froitos moi ricos como as castañas, as pezas de roupa para o frìo e a choiva, a celebraciòn do Samaìn e do Magosto, etc. e para que vexades algunhas das cousiñas que fixemos na aula ao redor deste tema aquì vos deixo unhas fotiños. Espero que vos gusten...

 

jueves, 23 de febrero de 2012

RAÙL CUMPRE 3 ANOS

¡ RAÙL cumpriu xa 3 aniños !.  O 24 de outubro è a data na que Raùl cumpre anos pero, ao coincidir nun sàbado, agardamos o seguinte venres para celebrar o seu primeiro cumpreanos na escola, rodeado dos seus compañeiros e compañeiras e desfrutando do rico biscoito que nos trouxo a sùa nai Mònica. ¿Sabedes porque foi un cumpre especial?  Fixàdevos nas fotos e mirade as vosas prendas de roupa... ¿Que celebrabamos tamèn nese mesmo dìa? Por se non vos lembrades dareivos unha pista:   nese dìa vense moitos disfraces de medo... De todas maneiras, xuntos e disfrazados desexàmosche  ¡ Moitas felicidades Raùl !.



MARIA CUMPRE XA 5 ANOS

O pasado 22 de setembro celebramos o primeiro cumpreanos deste novo curso. A encargada de inaugurar estas celebraciòns foi Marìa, a màis pequena do grupo dos maiores, e que xa cumpriu os 5 aniños. Neste dìa tan especial para Marìa, poidemos degustar e lambernos os dedos cunha orixinal e riquìsima tarta de chocolate que nos trouxo a sùa nai, Mònica. Ademais, xuntos, tivemos a ocasiòn de botar unhas risas a conta das velas màxicas que viñan coa tarta e que non se daban apagado.... ¿Lembràdesvos do que lle custou apagalas?... Ao final superou a proba e, polo tanto, lembrate do seguinte: o que a sigue a consigue...       ¡ Parabèns Marìa e moitìsimas felicidades ! 


OS NOSOS DESEXOS...

Ao longo das primeiras semanas deste novo curso, as nosas familias colaboraron nunha experiencia moi bonita... pediuselles que reflexasen nun papel, en forma de "bocadillo dun comic", aquel desexo que lle gustaria que se cumprise ao longo do presente curso, deixàndose levar pola sùa imaxinaciòn e poidendo empregar o que se lles ocurrise: textos, debuxos, imaxes, etc.
Asì pois, estes son os desexos que para este curso pediron as nosas familias e, polo tanto, tamèn os teremos en conta no noso quefacer diario cos nenos e nenas de Budiño...

¡Oxalà que se cumpran!