A chegada do Nadal é vivida polos pequerrechos dun xeito moi especial... participan moi contentos na elaboración das decoracións e dos adornos de Nadal, desfrutan cantando panxoliñas nas diferentes linguas que están descubrindo, degustan postres típicos destas datas, encántalles falar de todo o que lle han pedir a Papá Noel e aos Reis Magos,... experiencias todas elas nas que poñen de manifesto máis que nunca as súas emocións. Ademáis disto, por primeira vez, recibimos unha visita-sorpresa que tivo unha emotiva acollida por parte de tódolos nenos e dos non tan nenos que aquí se atopaban... ¿quen nos viu visitar? ¿A que viña? ¿Que baillamos xunto coas familias? Botádelle unha ollada as fotos e non vos perdades ningún detalle...
Mostrando entradas con la etiqueta O NADAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O NADAL. Mostrar todas las entradas
domingo, 3 de marzo de 2013
domingo, 4 de marzo de 2012
A FESTA DE NADAL NA NOSA AULA
Ao día seguinte da festa no CRA, seguimos celebrando a chegada do Nadal pero xa na nosa aula. A pesares de non estar todos (xa que algúns estiveron maliños), foi un día moi especial e cheo de sorpresas no que, ademais, celebramos un triple cumpreanos: Aroa, Ana e Pablo, que cumprían aniños nestes días. Entre outras cousas, preparamos os seus agasallos, cantamos a panxoliña de Rodolfo o reno, baillamos, xogamos... e, para a merenda, tivemos onde escoller: tarta, croissants, chocolate quente... Por se isto fose pouco, lambémonos os dedos cos ricos bombóns de chocolate que nos foron tocando día a día co noso calendario de advento e, para rematar, tivemos unha gran merendola e festa a rachar... que é o que máis nos gusta...
jueves, 1 de marzo de 2012
CELEBRAMOS O NADAL
O 20 de decembro fomos en autobús ao CRA para, xunto con todos os nenos e nenas do centro e das parroquias, celebrar unha gran festa nadaleira. Xuntámonos alí: uns 260 nenos, numerosos familiares que viñan colaborar nalgún dos talleres e todo o profesorado... ademais de ter o grande pracer de volver atoparnos co Apalpador (aínda que para moitos, era a primeira vez que o ían ter diante). ¿Que aconteceu alí? fomos rotándonos por equipos ata pasar polos obradoiros propostos para o ocasión: maquillaxe, audiovisuais, música, psicomotricidade e a visita o apalpador. Finalmente, e logo de tanta variedade e diversión, fomos merendar os ricos biscoitos aportados dende todas as aulas e, como non, quentamos as nosas barriguiñas cun delicioso e quentiño chocolate co que nos puxemos as botas... En fin, houbo sorpresas para todos e pasámolo en grande...
Etiquetas:
ACT. COMPLEMENT.,
CURSO 2011/12,
O NADAL
lunes, 14 de febrero de 2011
CELEBRAMOS O NADAL NA NOSA AULA E INVITAMOS ÁS FAMILIAS
O 22 de decembro foi un día moi especial para todos nós. Ó remate do cumple de Ana e, aproveitando que era o último día de clase do ano, fixemos a nosa propia festa de Nadal na aula. Entre outras cousas: recibimos cunha grande ilusión ó carteiro do CRA, quen nos trouxo as postais de Nadal que outros nenos fixeran e intercambiaran con nós; degustamos un riquísimo roscón de reis feito pola nai de Sheyla para esta ocasión; baillamos, xogamos, cantamos unha panxoliña... e gozamos dunha xornada de portas abertas coas nosas familias. ¿Lembrádesvos do que pasou?
sábado, 12 de febrero de 2011
FESTA DE NADAL NO CRA...
O pasado 21 de decembro xuntámonos todos os nenos/as e mestres no CRA para festexar a chegada do Nadal. Logo da nosa viaxe en bus, poidemos desfrutar dunha xornada de convivencia na que non faltaron sorpresas, talleres (de maquillaxe, globoflexia, cine, música...), agasallos, chocolate e biscoitos, xa que no patio, ademais de merendar co delicioso biscoito que nos trouxo a nai de Noa, tamén degustamos os aportados polas familias doutras aulas. Ademais disto, moitos de nós, alí coñecemos por primeira vez e en persoa a unha persoa moi especial... ¿Sabedes de quen falo?... Do APALPADOR...
E... se queredes ver máis fotos... só tendes que pinchar aquí (podedes desfrutar con varias presentacións).-
sábado, 8 de enero de 2011
EXPOSICIÓN DOS CALCETÍNS DE NADAL
Para festexar a chegada do Nadal levamos a cabo unha exposición na aula con calcetíns de Nadal. Para elo, os nenos de Budiño trouxeron os calcetíns que, coa axuda das súas familias, fixeron nos seus fogares. Desfrutaron falando de como, cando e con quen o fixeran; intercambiando opinións e novas ideas; etc. Grazas a proposta de David e Yoel, todos acordaron ubicar a exposición dos calcetíns na nosa árbore da aula. No último día, levaronos para casa, para recibir neles os seus agasallos de Nadal. En lembranza das vosas creacións, aquí tedes ¡OS VOSOS ORIXINAIS CALCETÍNS DE NADAL!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















