BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

sábado, 12 de febrero de 2011

FESTA DE NADAL NO CRA...

O pasado 21 de decembro xuntámonos todos os nenos/as e mestres no CRA para festexar a chegada do Nadal. Logo da nosa viaxe en bus, poidemos desfrutar dunha xornada de convivencia na que non faltaron sorpresas, talleres (de maquillaxe, globoflexia, cine, música...), agasallos, chocolate e biscoitos, xa que no patio, ademais de merendar co delicioso biscoito que nos trouxo a nai de Noa, tamén degustamos os aportados polas familias doutras aulas. Ademais disto, moitos de nós, alí coñecemos por primeira vez e en persoa a unha persoa moi especial... ¿Sabedes de quen falo?... Do APALPADOR...

                              
                    
E... se queredes ver máis fotos... só tendes que pinchar aquí  (podedes desfrutar con  varias presentacións).-

No hay comentarios:

Publicar un comentario