BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

viernes, 9 de marzo de 2012

MARIO XA CUMPRIU 6 ANIÑOS

MARIO, que naceu o 4 de marzo do 2006, é o primeiro dos "maiores" en cumprir os 6 aniños. Tal e como falabamos nestes días, eres: o máis maior de todo o grupo dos piratas de Budiño. Aínda que realmente estiveches de cumple o pasado domingo día 4, como xa sabes, tivemos que esperar ata hoxe venres día de "rico-rico" para festexar no cole o teu cumpreanos pero... ¡MENUDA MERENDOLA NOS PAPAMOS!...  e todo elo grazas ao que nos trouxo a túa familia: dous biscoitos, bombóns de chocolate, zumes... O certo é que pensabamos que ía sobrar un montón pero, rematada a festa... démonos conta de que SOMOS UNS PIRATAS MOI LAMBERETEIROS ¿Si ou non?. Asi e todo, desexámosche unha vez máis ¡FELIZ CUMPREANOS GRANDULLÓN! e un biquiño moi grande para toda a familia.


martes, 6 de marzo de 2012

POR FIN... ¡ SOMOS OS PIRATAS DE BUDIÑO !

O broche final a tantos días "loucos" foi o venres 17 de febreiro, un día moi especial no que o máis importante é pasálo moi requeteben. Nada máis comezar a mañá, e grazas aos familiares que estiveron connosco, dispuxémonos na aula para dar os últimos retoques ao noso disfrace ( maquillaxe, colocación dalgún elemento, etc. ) démoslle a benvida ao profe Arturo e iniciouse o tempo para sacar un montón de fotos curiosas e preciosas. Feito isto, desprazámonos en bus, atopámonos cunha gran variedade de disfraces e, todos xuntos, comezamos o desfile polas rúas de Salceda. Finalmente, ocupamos a praza, vimos todo tipo de actuacións por parte dos compañeiros de todo o CRA e, como non ía ser menos, nós tamén subimos ao escenario para representar a melodía de Lazy Town "Tú eres pirata" (e para "queimar" toda a merenda que nos zampamos ao longo da mañá...).  ¿Que tal o pasastes? ... ¿Queredes ver as fotos?




Aínda queredes máis?... Non vos preocupedes aquí están...



Unha vez máis, moitísimas grazas pola vosa colaboración.

TRABALLANDO NO NOSO DISFRACE

Como xa lles comentei, o tema que escollemos para disfrazarnos no CRA xirou ao da música (estilos, melodías, cantigas...) que cada aula escolleu. A partires da peza escollida, caracterizamos aos nenos e aprendemos unha breve escenificación coa que "desfilamos" para o público alí presente ao remate do desfile polas rúas de Salceda. No noso caso, e por elección dos propios nenos, acordamos converternos en piratas... e, naqueles intres todos actuaban como tal...   OS PIRATAS DE BUDIÑO, ademais doutras actividades, tamén colaboramos no noso traxe e elaboramos algúns dos complementos do noso disfrace: o catalexo, polo que vían a realidade ao gusto de cada un e a calavera que todo temible pirata debe ter sen falta... ¿Queredes velas imaxes dalgúns destes momentos? 


FESTA DE ENTROIDO EN BUDIÑO

O mércores 15 de febreiro, no medio dos preparativos entroideiros, celebramos na aula a nosa particular festa de Entroido e cada un de nós viu disfrazado do que quixo. Presentamos o noso disfraz e conversamos sobre el (vestimenta, maquillaxe, complementos...), posamos para "a prensa", etc. levamos a cabo un obradoiro de maquillaxe no que, os que máis levaban a iniciativa nos fixeron esperar turno para que nos atenderan, cantamos, baillamos... e, por se isto fose pouco... ¿quen nos chegou por sorpresa a clase no medio de tanto follón? un traballador do concello que nos viña a facer algunhas "chapuzas" ¿lembrádesvos de quen era?... ¿E de que nos trouxo a clase para encher as barriguiñas?... supoño que si. Así e todo, eu aínda recordo das caras que puxemos cando alí nos chegou e, sobre todo, da cara que lle deixastes despois da man de pintura que lle puxestes a ela e a min na cara... Moitas grazas Paula e non perdas as mañas pero... logo de tanta festa rachada... ¡CANTO TEMPO BOTAMOS A DESMAQUILLARNOS!. 


lunes, 5 de marzo de 2012

PRANTAMOS ÁRBORES...

O pasado martes 31 de xaneiro, fomos en autobús para prantar árbores nunha zona moi próxima ao IES, en Parderrubias, xunto cos compañeiros da aula de Revolta e dunha aula de 4 anos da Esfarrapada. Ao chegar alí, coñecemos a un grupo de persoas da comunidade de montes da zona e ao señor Darío quen, ademais de sélo seu presidente, explicounos todo o referente ao que íamos facer: tiñamos a grande responsabilidade de "apadriñar" unha árbore. Fixémolo en grupos de 3 nenos/as, empregando as ferramentas necesarias para poder facer un bo traballo e, finalmente, a cada árbore puxémoslle as etiquetas con cadanseu nome dos pequerrechos que o prantaron. Feito o traballo, desprazámonos ata o Borralliño para pegarnos unha boa merendola e desfrutar dun bo rato de tempo libre no que xogar. Como premio ao noso esforzo, grazas as familias de Mario E., Diego e Carlos, merendamos como reises ata fartarnos e... ¡ QUE BEN O PASAMOS !
.

domingo, 4 de marzo de 2012

OS PRIMEIROS CUMPRES DO ANO

Iniciamos o curso festexando un cumpreanos dobre da man de HUGO e MARIO  E. . Desta volta, o que se estrea en celebrar o cumpre na aula é Hugo, xa que naceu o 1 de xaneiro e acaba de cumprir 4 anos. No caso de Mario E., quen xa ten experiencia do curso pasado, celebra que o 8 cumpriu 5 aniños. Polo tanto, ámbolos dous son os máis maiores dos seus grupos "peques" e "medianos", respetivamente. Neste primeiro venres, día de rico-rico, poidemos lambernos os dedos grazas á riquísima tarta de 3 chocolates, os zumes e os bombóns, tamén de chocolate, que trouxeron as súas familias. Novamente aproveito a ocasión para desexarvos: ¡ FELIZ CUMPRE HUGO E MARIO E.!


feliz

ano

A FESTA DE NADAL NA NOSA AULA

Ao día seguinte da festa no CRA, seguimos celebrando a chegada do Nadal pero xa na nosa aula. A pesares de non estar todos (xa que algúns estiveron maliños), foi un día moi especial e cheo de sorpresas no que, ademais, celebramos un triple cumpreanos: Aroa, Ana e Pablo, que cumprían aniños nestes días. Entre outras cousas, preparamos os seus agasallos, cantamos a panxoliña de Rodolfo o reno, baillamos, xogamos... e, para a merenda, tivemos onde escoller: tarta, croissants, chocolate quente... Por se isto fose pouco, lambémonos os dedos cos ricos bombóns de chocolate que nos foron tocando día a día co noso calendario de advento e, para rematar, tivemos unha gran merendola e festa a rachar... que é o que máis nos gusta... 




NADAL CUMPREAÑEIRO...

No último día lectivo do mes de Nadal tivemos a gran sorte de celebrar un cumpreanos bastante numeroso, xa que coincidiu que tres dos nosos compañeiros cumprían anos. AROA e PABLO, os máis pequenos do grupo dos "peques", cumpriron xa 3 aniños; no caso de Aroa, o día 20 e, no caso de Pablo, xusto o último día do mes, o 31 de decembro. Ademáis, xunto con eles, tamén ANA cumpriu xa 4 anos o 22 de decembro, polo que tamén é a máis benxamina dos "medianos". Para elo e grazas as súas familias, poidemos degustar unha rica tarta de chocolate adornada cun montón de chuches, mini-croissants e chocolate quentiño para acabar de encher as nosas barriguiñas... Menos mal que tiñamos día de festa para poder queimar enerxías... Así e todo, unha vez máis desexarvos:  ¡ FELIZ CUMPREANOS AROA, ANA E PABLO !

 

jueves, 1 de marzo de 2012

CELEBRAMOS O NADAL

O 20 de decembro fomos en autobús ao CRA para, xunto con todos os nenos e nenas do centro e das parroquias, celebrar unha gran festa nadaleira. Xuntámonos alí: uns 260 nenos, numerosos familiares que viñan colaborar nalgún dos talleres e todo o profesorado... ademais de ter o grande pracer de volver atoparnos co Apalpador (aínda que para moitos, era a primeira vez que o ían ter diante). ¿Que aconteceu alí? fomos rotándonos por equipos ata pasar polos obradoiros propostos para o ocasión: maquillaxe, audiovisuais, música, psicomotricidade e a visita o apalpador. Finalmente, e logo de tanta variedade e diversión, fomos merendar os ricos biscoitos aportados dende todas as aulas e, como non, quentamos as nosas barriguiñas cun delicioso e quentiño chocolate co que nos puxemos as botas... En fin, houbo sorpresas para todos e pasámolo en grande...