BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

lunes, 5 de marzo de 2012

PRANTAMOS ÁRBORES...

O pasado martes 31 de xaneiro, fomos en autobús para prantar árbores nunha zona moi próxima ao IES, en Parderrubias, xunto cos compañeiros da aula de Revolta e dunha aula de 4 anos da Esfarrapada. Ao chegar alí, coñecemos a un grupo de persoas da comunidade de montes da zona e ao señor Darío quen, ademais de sélo seu presidente, explicounos todo o referente ao que íamos facer: tiñamos a grande responsabilidade de "apadriñar" unha árbore. Fixémolo en grupos de 3 nenos/as, empregando as ferramentas necesarias para poder facer un bo traballo e, finalmente, a cada árbore puxémoslle as etiquetas con cadanseu nome dos pequerrechos que o prantaron. Feito o traballo, desprazámonos ata o Borralliño para pegarnos unha boa merendola e desfrutar dun bo rato de tempo libre no que xogar. Como premio ao noso esforzo, grazas as familias de Mario E., Diego e Carlos, merendamos como reises ata fartarnos e... ¡ QUE BEN O PASAMOS !
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario