BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

jueves, 23 de diciembre de 2010

LIM DO CONTO "O APALPADOR"

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles agasallos aos nen@s. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están ben mantidos, e déixalles, ademáis dos xoguetes, unha presa de castañas. Neste Lim do conto "O APALPADOR" colaboraron @s nen@s de 5 anos das aulas de Esfarrapada que gravaron as súas voces coa gravadora. Dentro duns días imos preparar o mesmo conto pero coas súas voces, pra que sexan protagonistas deste mito galego tan especial.

Fixemos outro LIM doutro conto  "Antón e o Apalpador", tamén adicado o personaxe do Apalpador, Grazas ó mestre de Arturo, quen fixo as fotiños do conto. Decidimos non incluir voces grabadas porque o conto gaña moito máis narrado ou dramatizado por cada mestre, xa que cada persoa conta unha historia de maneira irrepetible. Xa sabedes mestres e mestras, a contar historias en Nadal!

domingo, 7 de noviembre de 2010

O MAGOSTO NO BORRALLIÑO

O pasado venres fixemos unha saída para celebrar o Magosto no parque do Borralliño, en Soutelo. Para algúns nenos, foi un día cheo de experiencias novas: a súa primeira viaxe en autobús; o seu primeiro encontro con todos os compañeiros e os mestres do CRA; o contacto coa natureza; etc. e, aínda así, non lles supuxo ningún problema, todo o contrario. Xuntos e revoltos, vivimos e destrutamos dun montón de experiencias: coñecemos o lugar; atopamos e recollemos follas de moitas formas e cores; fixemos amigos; xogamos ás carreiras de sacos, ó comecastañas, á culler e á castaña, á corda...; merendamos mandarinas e castañas asadas; pintámonolas caras; cantamos no autobús... e o máis importante... ¡PASÁMOLO PIPA!


DISFRACES DE MEDO EN BUDIÑO

O venres 29 adicámolo a GRAN CELEBRACIÓN DO SAMAÍN. Empregando a imaxinación e aproveitando o que tiñamos na casa, chegamos ó cole disfrazados dalgunha personaxe de medo: esqueletos, vampiros, bruxas, magos, calabazas... Cada neno falounos da súa cabaza, preparamos unha merenda especial e unha pócima quitamedos, maquillámonos as caras, bailamos e cantamos... e non paramos de rirnos das pintas que levabamos. Por certo... ¡QUE SUSTO LEVARON AS NOSAS FAMILIAS....!  ¡UUUUUHHHHHHH!


O BAILE DOS ESQUELETOS

Durante estes días do Samaín tamén tivemos tempo para aprender e bailar a cantiga dos esqueletos. Para que non a esquezades, aquí vos deixo a versión que tanto vos gustou e... ¡TODOS Á PISTA DE BAILE!

CONTACONTOS

Polo Samaín os nenos e nenas de Budiño tamén poideron desfrutar da visita dunha especial Contacontos, a profe Sonia, quen nos fixo pasar un bo rato co libro "MONSTRUOS DIVERTIDOS"... ¿Lembrádesvos de cales eran ...? ¿E que lle pasou a perna do esqueleto?


EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Para celebrar o Samaín, entre outras cousas, fixemos unha exposición de cabazas. Para elo, cada neno trouxo á aula unha cabaza elaborada coa axuda das súas familias. ¡OLLADE CANTA IMAXINACIÓN...!


MARÍA CUMPLE 4 ANOS

Outro cumple de outubro foi o de MARÍA. Naceu o 22 de setembro e cumpriu 4 aniños. Gracias á súa familia, celebrámolo cun riquísimo biscoito de chocolate co que nos puxemos as botas...¡FELICIDADES MARÍA!

YOEL CUMPLE 5 ANOS

O venres 17 de setembro, celebramos o cumple de YOEL. A súa familia mais él convidáronnos a unha exquisita tarta de chocolate e galleta e pasámolo moi ben. Unha vez máis... ¡FELICIDADES YOEL! 


sábado, 6 de noviembre de 2010

NÓS SOMOS...