BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.
Mostrando entradas con la etiqueta O ENTROIDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O ENTROIDO. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de marzo de 2013

FOTOS ACHEGADAS POLAS FAMILIAS

Nesta primeira presentación, achégovos as fotos que facilitaron:  Meli, a nai de Belén;  Ana, a nai de Aroa   e   a teacher, Irene, que nos acompañou no desfile e coa que tivemos a sorte de compartir moi bos momentos...  En calquera caso, que saibades que vos agradezo moitísimo a vosa colaboración.
 




Na segunda, as fotos achegadas por Sandra, a nai de Ana e Pablo ( repartidas en 2 bloques de fotos)
 

 
 




Polo momento, nesta terceira, só dicirlles... que estamos agardando máis fotiños e, por agora, queda baleira.

CHEGA A BUDIÑO A COMPAÑÍA DE ASTÉRIX

Pola nosa parte, como non ía ser menos, decidimos representar no desfile o mundo das películas de ASTÉRIX  E  OBÉLIX... Grazas a todos:  nenos/as, familias, coñecidos... descubrimos a existencia destes entrañables personaxes, a súa vida, os seus oficios, o segredo da súa forza, etc. e puxémonos mans a obra para representalos, cousa que non foi fácil. En calquera caso, foi todo un descubrimento tanto para os pequenos coma para os maiores...  ¿Non sí?... e, o mellor de todo é que, ademáis de pasálo en grande no desfile poñéndonos na pel dos seus personaxes, a día de hoxe seguimos desfrutando moito coas súas aventuras e o que estas nos ofrecen... ¿Xa estades preparados para ver todas as nosas fotos? Pois xa sabedes...  ¡POR TUTATIS!,   ¡POR BELENOS!   ¡COMEZAMOS!
 
Estas son as fotos que eu logrei recompilar...
 

sábado, 9 de marzo de 2013

O CRA DESFILA NO ENTROIDO

O pasado venres 8 de febreiro, celebramos o ENTROIDO desfilando polas rùas de Salceda... nesta ocasiòn cada aula acordou basear o seu disfraz nunha pelìcula... Co cal, como podedes supoñer, houbo de todo e para todos os gustos: ananos, ogros, princesas, increìbles, ratos, espantallos, dàlmatas, pitufos, mosqueteiros, etc. Sò para comezar, podedes pinchar  AQUÌ   para ver a gran variedade de disfraces que alì se xuntou...
 
Pola miña parte, vos deixo unha recompilaciòn de todos os grupos de nenos/as do noso cole...
 

 

FESTA RACHADA POLO ENTROIDO

Coa chegada da celebraciòn do Entroido, o mèrcores 6 de febreiro, aproveitamos para vir disfrazados ò cole, tal e como cada un quixera: de xeito libre e imaxinativo, è dicir: "TODO  VALE". Fixemos as presentaciòns, desfilamos pola pasarela, divertimonos moito co tempo de baile... en definitiva... ¡¡¡FESTA A RACHAR!!! ¿Queredes ver que disfraces màis chulos trouxemos? Pois fixàdevos ben e, se queredes, empregade a lente que vos deixo para ver os detalles... (cando queirades que desapareza, desplazade o rato para fòra da pantalla das fotos e deixàdea de lado).




Se quedastes con ganas de ver màis, aquì vos deixo as fotos que nos facilitou Sandra, a nai de Ana e Pablo, a quen dende aquì lle dou as grazas pola sùa colaboraciòn...
 

martes, 6 de marzo de 2012

POR FIN... ¡ SOMOS OS PIRATAS DE BUDIÑO !

O broche final a tantos días "loucos" foi o venres 17 de febreiro, un día moi especial no que o máis importante é pasálo moi requeteben. Nada máis comezar a mañá, e grazas aos familiares que estiveron connosco, dispuxémonos na aula para dar os últimos retoques ao noso disfrace ( maquillaxe, colocación dalgún elemento, etc. ) démoslle a benvida ao profe Arturo e iniciouse o tempo para sacar un montón de fotos curiosas e preciosas. Feito isto, desprazámonos en bus, atopámonos cunha gran variedade de disfraces e, todos xuntos, comezamos o desfile polas rúas de Salceda. Finalmente, ocupamos a praza, vimos todo tipo de actuacións por parte dos compañeiros de todo o CRA e, como non ía ser menos, nós tamén subimos ao escenario para representar a melodía de Lazy Town "Tú eres pirata" (e para "queimar" toda a merenda que nos zampamos ao longo da mañá...).  ¿Que tal o pasastes? ... ¿Queredes ver as fotos?




Aínda queredes máis?... Non vos preocupedes aquí están...



Unha vez máis, moitísimas grazas pola vosa colaboración.

TRABALLANDO NO NOSO DISFRACE

Como xa lles comentei, o tema que escollemos para disfrazarnos no CRA xirou ao da música (estilos, melodías, cantigas...) que cada aula escolleu. A partires da peza escollida, caracterizamos aos nenos e aprendemos unha breve escenificación coa que "desfilamos" para o público alí presente ao remate do desfile polas rúas de Salceda. No noso caso, e por elección dos propios nenos, acordamos converternos en piratas... e, naqueles intres todos actuaban como tal...   OS PIRATAS DE BUDIÑO, ademais doutras actividades, tamén colaboramos no noso traxe e elaboramos algúns dos complementos do noso disfrace: o catalexo, polo que vían a realidade ao gusto de cada un e a calavera que todo temible pirata debe ter sen falta... ¿Queredes velas imaxes dalgúns destes momentos? 


FESTA DE ENTROIDO EN BUDIÑO

O mércores 15 de febreiro, no medio dos preparativos entroideiros, celebramos na aula a nosa particular festa de Entroido e cada un de nós viu disfrazado do que quixo. Presentamos o noso disfraz e conversamos sobre el (vestimenta, maquillaxe, complementos...), posamos para "a prensa", etc. levamos a cabo un obradoiro de maquillaxe no que, os que máis levaban a iniciativa nos fixeron esperar turno para que nos atenderan, cantamos, baillamos... e, por se isto fose pouco... ¿quen nos chegou por sorpresa a clase no medio de tanto follón? un traballador do concello que nos viña a facer algunhas "chapuzas" ¿lembrádesvos de quen era?... ¿E de que nos trouxo a clase para encher as barriguiñas?... supoño que si. Así e todo, eu aínda recordo das caras que puxemos cando alí nos chegou e, sobre todo, da cara que lle deixastes despois da man de pintura que lle puxestes a ela e a min na cara... Moitas grazas Paula e non perdas as mañas pero... logo de tanta festa rachada... ¡CANTO TEMPO BOTAMOS A DESMAQUILLARNOS!. 


sábado, 26 de marzo de 2011

DESFILE DO ENTROIDO 2011

Por fin, despois dalgún tempiño, aquí vos deixo unha recompilación das fotos que me achegastes... Se tedes fotos/vídeos, etc. facédemo saber... En calquera caso, moitas gracias pola vosa colaboración.

FOTOS DE SANDRA, A MAMÁ DE ANA: (2 presentacións)



FOTOS DE ROCÍO, A MAMÁ DE AINHOA:


DESFRUTAMOS CO ENTROIDO

Nesta ocasión, decidimos achegar ós nenos/as ó Entroido das terras de Ourense... para que coñecesen os seus traxes, máscaras ou caroutas, os seus festexos...  Logo de investigar sobre o tema, cada aula decidiu o traxe que ía representar: os peliqueiros, as mázcaras, os cigarróns, os boteiros... e nós eleximos facer unha particular homenaxe ás Pantallas de Xinzo, coincidindo coa aula de Soutelo. Aproveitando os preparativos desta celebración, e gracias a colaboración das familias, xuntámonos as aulas de Soutelo e Budiño para coñecernos, convivir, e desfrutar duns días cargados de emocións e novas experiencias: fixemos amigos/as; conversamos; traballamos en equipo na elaboración dos traxes e na recreación das personaxes; descubrimos un novo cole; xogamos ó lim do Entroido... e pasámolo xenial.
 
                                              (En breve, estarán recollidas aquí as fotos)

    Para achegar ós nenos ás celebracións deste Entroido, adicamos cadanseu día da semana do Entroido a un festexo: o luns fareleiro; (o martes non poidemos porque fomos plantar árbores) o mércores corredoiro; o xoves de comadres e compadres; e o venres fixemos o noso particular desfile polo CRA e as rúas de Salceda, no que nos convertemos nas PANTALLAS DE BUDIÑO. Días que viviron con moita ilusión, moitas ganas de troula, xogos e festa... ¡MIRADE COMO O PASAMOS! (Teredes que pinchar nos títulos que leven este símbolo *)

* LUNS FARELEIRO:  (¡O QUE FAI A FARIÑA...!)

* MÉRCORES CORREDOIRO:  (¡POBRE DO GALO... A CORRER...!)

* XOVES DE COMADRES E COMPADRES:  (¡A POLO BONECO/A...!)

* VISITA INESPERADA DUNHA PANTALLA:
Xusto o día antes do desfile, recibimos unha visita sorpresa:  ¿Sabedes quen apareceu na nosa aula? unha Pantalla que non parou de moverse, nin de rirse, nin de chocar as "vexigas" que levaba... ¡ menudo susto nos deu a todos...!¿Lembradesvos de quen era e que nos contou?... ¿Que lle facían as Pantallas aos que  non ían disfrazados?

O NOSO TRABALLO







DESFILE DO ENTROIDO: (mentras agardamos a que cheguen máis fotos, aquí vos deixo un pequeno adianto...)




As PANTALLAS DE BUDIÑO vendo pasar ó resto do desfile...