O pasado venres 21 de xaneiro, SARA, a nosa benxamina, cumpriu 4 aniños e celebrouno por primeira vez na nosa aula de Infantil. Ademáis dela, todos estabamos moi emocionados, porque é unha pequena moi querida e mimada por todo o grupo. Para este día tan especial, grazas a ela e a súa familia, poidemos desfrutar dun postre moi rico e singular, acompañado de saborosas piruletas de chocolate. Papárono todo ao momento e fartáronse de xogar coas piruletas. Unha vez máis... ¡¡¡Moitas felicidades SARA polos teus 4 aniños!!!
Mostrando entradas con la etiqueta CUMPLES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CUMPLES. Mostrar todas las entradas
domingo, 3 de marzo de 2013
OS PRIMEIROS CUMPRES DO 2013
O venres 11 de xaneiro do 2013, inauguramos a quenda de cumpreanos por partida doble. HUGO E MARIO, nados o 1 e 8 de xaneiro respectivamente, foron os primeiros en cumprir anos, celebrándoo con todos nós. Desta volta, Hugo cumpriu 5 aniños e Mario xa fixo os 6, polo que este será o seu último cumpre en Infantil... Grazas as súas familias, poidemos pórnos as botas degustando unha tarta moi rica e pintoresca, acompañada de variados petiscos típicos nos cumpres... Pero, antes disto, ambos tiveron que superar unha dura proba xa que as velas resistíanse a apagarse, polo que tiveron que buscarse a vida para facélo... ¡¡¡Noraboa Hugo e Mario e moitas felicidades!!!
UN CUMPREANOS NUMEROSO...
Neste último venres lectivo deste curso, o do 21 de decembro do 2012, tivemos o pracer de celebrar un triple cumpreanos a cargo de: AROA, ANA e PABLO, nados no 20, 22 e 31 de decembro, respectivamente. Polo tanto, Aroa e Pablo cumpriron 4 aniños e, no caso de Ana, 5, polo que este vai ser o seu último cumpre entre nós... Grazas as súas familias, poidemos lambernos ben os dedos ¿por que? porque nesta ocasión tan especial nos trouxeron un par de orixinais tartas feitas con moitísimas chuches e lambetadas, adornadas por lindas figuriñas de xoguete. ¿Lembrádesvos das cores das vosas linguas? Seguro que sí.... En calquera caso, ¡¡¡Moitísimas felicidades polo voso cumple!!!
lunes, 5 de noviembre de 2012
O 1º CUMPLE DESTE CURSO: RAÚL
O pasado mércores 24 de outubro RAÚL cumpriu 4 aniños pero, para respectar o noso calendario das merendas, celebrámolo por todo o alto no seguinte venres, día de "rico-rico". Nesta ocasión, Raúl foi o encargado de inaugurar as celebracións de cumpreanos deste novo curso. Gracias a súa nai, Mónica, celebramos o seu cumple cun rico biscoito (que tamén aproveitaron para decorar), patatas fritas, aneles e demáis aperitivos... e pasámolo moi ben. ¡PARABÉNS RAÚL E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!
viernes, 9 de marzo de 2012
MARIO XA CUMPRIU 6 ANIÑOS
MARIO, que naceu o 4 de marzo do 2006, é o primeiro dos "maiores" en cumprir os 6 aniños. Tal e como falabamos nestes días, eres: o máis maior de todo o grupo dos piratas de Budiño. Aínda que realmente estiveches de cumple o pasado domingo día 4, como xa sabes, tivemos que esperar ata hoxe venres día de "rico-rico" para festexar no cole o teu cumpreanos pero... ¡MENUDA MERENDOLA NOS PAPAMOS!... e todo elo grazas ao que nos trouxo a túa familia: dous biscoitos, bombóns de chocolate, zumes... O certo é que pensabamos que ía sobrar un montón pero, rematada a festa... démonos conta de que SOMOS UNS PIRATAS MOI LAMBERETEIROS ¿Si ou non?. Asi e todo, desexámosche unha vez máis ¡FELIZ CUMPREANOS GRANDULLÓN! e un biquiño moi grande para toda a familia.
domingo, 4 de marzo de 2012
OS PRIMEIROS CUMPRES DO ANO
Iniciamos o curso festexando un cumpreanos dobre da man de HUGO e MARIO E. . Desta volta, o que se estrea en celebrar o cumpre na aula é Hugo, xa que naceu o 1 de xaneiro e acaba de cumprir 4 anos. No caso de Mario E., quen xa ten experiencia do curso pasado, celebra que o 8 cumpriu 5 aniños. Polo tanto, ámbolos dous son os máis maiores dos seus grupos "peques" e "medianos", respetivamente. Neste primeiro venres, día de rico-rico, poidemos lambernos os dedos grazas á riquísima tarta de 3 chocolates, os zumes e os bombóns, tamén de chocolate, que trouxeron as súas familias. Novamente aproveito a ocasión para desexarvos: ¡ FELIZ CUMPRE HUGO E MARIO E.!
NADAL CUMPREAÑEIRO...
No último día lectivo do mes de Nadal tivemos a gran sorte de celebrar un cumpreanos bastante numeroso, xa que coincidiu que tres dos nosos compañeiros cumprían anos. AROA e PABLO, os máis pequenos do grupo dos "peques", cumpriron xa 3 aniños; no caso de Aroa, o día 20 e, no caso de Pablo, xusto o último día do mes, o 31 de decembro. Ademáis, xunto con eles, tamén ANA cumpriu xa 4 anos o 22 de decembro, polo que tamén é a máis benxamina dos "medianos". Para elo e grazas as súas familias, poidemos degustar unha rica tarta de chocolate adornada cun montón de chuches, mini-croissants e chocolate quentiño para acabar de encher as nosas barriguiñas... Menos mal que tiñamos día de festa para poder queimar enerxías... Así e todo, unha vez máis desexarvos: ¡ FELIZ CUMPREANOS AROA, ANA E PABLO !
lunes, 27 de febrero de 2012
NOA CELEBRA SANTO E CUMPRE...
O venres 11 de novembro, día de rico-rico, celebramos con NOA o seu santo e o seu 5º cumpreanos. O certo é que xa estivo de cumpre o 18 de xullo pero, como cadra nas vacacións de verán, nunca tivo a ocasión de celebrálo cos seus compañeiros/as. Por esta razón, e aproveitando que o 10 de novembro foi o seu santo, por fin puido festexalo por primeira vez no cole e por partida dobre... Para elo, tivemos a ocasión de pórnos as botas coa rica tarta de chocolate que a súa nai, Meli, lle fixo con todo o seu cariño para este día tan especial para Noa. ¡Noraboa e moitísimas felicidades!.
jueves, 23 de febrero de 2012
RAÙL CUMPRE 3 ANOS
¡ RAÙL cumpriu xa 3 aniños !. O 24 de outubro è a data na que Raùl cumpre anos pero, ao coincidir nun sàbado, agardamos o seguinte venres para celebrar o seu primeiro cumpreanos na escola, rodeado dos seus compañeiros e compañeiras e desfrutando do rico biscoito que nos trouxo a sùa nai Mònica. ¿Sabedes porque foi un cumpre especial? Fixàdevos nas fotos e mirade as vosas prendas de roupa... ¿Que celebrabamos tamèn nese mesmo dìa? Por se non vos lembrades dareivos unha pista: nese dìa vense moitos disfraces de medo... De todas maneiras, xuntos e disfrazados desexàmosche ¡ Moitas felicidades Raùl !.
MARIA CUMPRE XA 5 ANOS
O pasado 22 de setembro celebramos o primeiro cumpreanos deste novo curso. A encargada de inaugurar estas celebraciòns foi Marìa, a màis pequena do grupo dos maiores, e que xa cumpriu os 5 aniños. Neste dìa tan especial para Marìa, poidemos degustar e lambernos os dedos cunha orixinal e riquìsima tarta de chocolate que nos trouxo a sùa nai, Mònica. Ademais, xuntos, tivemos a ocasiòn de botar unhas risas a conta das velas màxicas que viñan coa tarta e que non se daban apagado.... ¿Lembràdesvos do que lle custou apagalas?... Ao final superou a proba e, polo tanto, lembrate do seguinte: o que a sigue a consigue... ¡ Parabèns Marìa e moitìsimas felicidades !
domingo, 19 de junio de 2011
CARLOS CUMPLE 4 ANOS
O pasado domingo 22 de maio, Carlos cumpriu 4 anos pero, ao cadrar en domingo, celebrámolo no venres 27 dese mes. Así pois, foi o seu primeiro cumple no cole... e xa ten, como el mesmo di, "a silla do revés". Gracias a el e a súa familia, poidemos degustar a rica tarta de chocolate e nata que nos trouxo a súa avoa Amelia. Unha vez máis... ¡MOITAS FELICIDADES CARLOS!
domingo, 24 de abril de 2011
CLAUDIA CUMPLE 5 ANOS
O pasado domingo 3 de abril, Claudia cumpriu 5 aniños, aínda que agardamos ó seguinte venres para celebralo na aula cos seus compañeiros e compañeiras. Gracias a súa nai, Yoli, todos xuntos puidemos desfrutar e degustar unha riquísima tarta de chocolate que viña acompañada dunha foto de Minnie, pola que os nenos quedaron abraiados. ¿Cantas veces tivo que soprar para apagálas velas? Xa sabes Claudia, teis que comer un pouquiño máis para ter máis forza e sentirte mellor e máis sana... e, unha vez máis, ¡FELIZ CUMPLEANOS CLAUDIA!
sábado, 26 de marzo de 2011
MARIO CUMPLE 5 ANOS
O pasado venres 4 de Marzo, Mario cumpliu 5 anos pero, ó coincidir co día do desfile de Entroido, celebrámolo á volta das vacacións. Así pois, o venres 11, Mario celebrou por primeira vez no cole o seu cumple...¡ Xa teis 5 aniños!. Grazas a el e a súa familia, todos quixeron degustar a rica tarta de chocolate que nos trouxeron, decorada por Mario con lacasitos e osiños de gominola... E unha vez máis Mario... ¡MOITAS FELICIDADES!
lunes, 21 de febrero de 2011
DAVID CUMPLE 6 ANOS
O sábado 22 de xaneiro foi o cumple de David pero, ó cadrar na fin de semana, tivemos que celebrálo no venres 28. Día a día, David encargouse de recordarlle a todos: que ía selo primeiro de toda a clase en cumprir os 6 anos ("soy el más mayor"- dicía), así como cando o ía celebrar... porque para el era moi "superespecial"... ía ser o seu último cumple neste cole e quería compartilo con todos nós. Así foi, gracias a súa familia, poidemos desfrutar dunha tarta de chocolate que nos gustou moito e dun día moi especial no que todos lle desexamos: ¡FELIZ CUMPLE DAVID!
O 1º CUMPLE DO ANO: MARIO E. XA TEN 4 ANOS
O pasado 8 de xaneiro, Mario E. cumpriu 4 anos pero, como daquela estabamos desfrutando das vacacións de Nadal, celebrámolo no cole o venres 14. Polo tanto, Mario E. tivo a sorte de selo encargado de inaugurar as celebracións dos cumples deste novo ano. Gracias a súa familia, poidemos ver, degustar e falar da maravillosa tarta de chocolate que lle trouxeron xa que nela atoparon a foto dalguén moi coñecido por todos... ¿lembrádesvos?
domingo, 13 de febrero de 2011
ANA, A NOSA BENXAMINA, CUMPLE 3 ANIÑOS
O último cumple deste ano foi o de Ana quen, o pasado 22 de decembro, cumpriu 3 aniños, coincindo co día no que celebramos a nosa festa de Nadal na aula. Ana ou Ani, que é como lle gusta que lle chamemos, é a máis benxamina do grupo pero, dende entón, gústalle dicir que xa é maior... ¡Pois claro que sí!. Grazas a súa familia, no día do seu cumple poidemos desfrutar dunha riquísima tarta de chocolate adornada con chuches... das que tanto nos gustan... ¡FELICIDADES ANI!
domingo, 7 de noviembre de 2010
MARÍA CUMPLE 4 ANOS
Outro cumple de outubro foi o de MARÍA. Naceu o 22 de setembro e cumpriu 4 aniños. Gracias á súa familia, celebrámolo cun riquísimo biscoito de chocolate co que nos puxemos as botas...¡FELICIDADES MARÍA!
YOEL CUMPLE 5 ANOS
O venres 17 de setembro, celebramos o cumple de YOEL. A súa familia mais él convidáronnos a unha exquisita tarta de chocolate e galleta e pasámolo moi ben. Unha vez máis... ¡FELICIDADES YOEL!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























