BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

martes, 31 de mayo de 2011

O NOSO LIBRO DOS NOMES

Hai xa algún tempo, todas as nenas e todos os nenos da nosa aula buscastes información sobre o voso nome, contando coa axuda das vosas familias. Aínda que xa pasou algún tempo daquilo, foi moita a ilusión que lles fixo o feito de contarlles aos demais compañeiros: o motivo de que se chamen desa maneira, a orixe e o significado do mesmo, que lles gusta dentro e fóra do cole, etc. Todo elo, para que se fosen coñecendo un pouco máis entre eles e, aínda máis,  que todo o alumnado do CRA se vaia achegando e interelacionando un pouco máis. Así pois, aquí vos deixo a nosa aportación para o libro dixital dos nomes... o cal, esperemos, converterase nunha bonita lembranza de quen somos e que non esqueceremos.





A NOSA HOMENAXE AS LETRAS GALEGAS

   En homenaxe ás Letras galegas e á figura de Lois Pereiro na aula de Budiño desenvolvemos diversas actividades: achegámonos a súa vida e obra a través dos lim (citados na entrada anterior); lemos algunha das súas poesías e..., coma nas demais aulas do noso CRA, convertémonos en poetas... ¿Non si?
   Pois ben, primeiro escolleron entre facer unha poesía de amor ou inspirada nalgo da súa zona ¿Que decidiron? que non lles vai falar do tema do amor pero si o de falar da súa aula...; segundo, puxémonos mans a obra e, logo de ir rescatando ideas, saíunos unha poesía moi chuli que trata dun episodio que aínda teñen moi presente (a anterior visita dos ladróns). Entre todos, escribírona nun folio, adornárona con debuxos feitos por eles mesmos e, en breve, formará parte dun libro recompilatorio con todas as poesías do CRA.
    Logo de escribir a nosa poesía, foron memorizandoa... para que, no venres 20 de maio, formara parte dunha novidosa experiencia.  Así pois, unha vez disposto o escenario, tivemos a ocasión de desfrutar dun especial "Recital de poesía" no que o público e os xuíces asistentes foron moi considerados coas puntuacións das diversas actuacións. No reconto final, houbo un triple empate na máxima puntuación e todos nos levamos un doce recordo deste día. ¿Queredes ver as fotos? Pois aí vos van...


miércoles, 18 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS 2011

O día das Letras Galegas deste ano, o 17 de maio de 2011, está adicado a LOIS PEREIRO, nado en Monforte de Lemos, o 16 de febreiro de 1958. Ó longo da súa vida estudou socioloxía, varios idiomas... e pasou por diversos traballos: nunha cristalería, fundou a revista LOIA, traballou na televisión (traducindo series e pelis)... pero o que máis lle gustaba, ademais de ler e de ir ó cine, era ESCRIBIR, por iso escribiu varios libros (especialmente de poemas) e colaborou nos traballos doutros escritores. Na actualidade, está considerado como un dos mellores poetas europeos das últimas décadas...¿Queredes saber algo máis? Pois, se é así, pinchade nos seguintes enlaces: