BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

lunes, 16 de enero de 2012

OS PRIMEIROS DÍAS DE COLE...

Para que teñades unha lixeira idea dos nosos primeiros días de curso, aquí vos deixo as primeiras fotiños e as máis "curiosas" que saquei neste comezo. Como veredes, e dado que aínda estabamos inmersos no período de adaptación, non saen todos os nenos/as novos pero... non hai problema... xa que poderemos velos nas próximas presentacións. ¡A disfrutar!

domingo, 15 de enero de 2012

NÓS SOMOS...

Neste novo curso, aumentamos a nosa familia...   OS PEQUERRECHOS DE BUDIÑO   ¡¡¡XA SOMOS 16...!!! ¿ALGÚEN QUERE COÑECERNOS? Pois aquí vos deixamos as nosas fotos...


sábado, 14 de enero de 2012

BENVIDA AO NOVO CURSO 2011/12

A pesar das reformas e das présas de última hora, poidemos comezar o novo curso "estreando" unha nova aula, dándolle unha calurosa benvida a todos os alumnos e as familias, destapándolle os ollos co grito de ¡¡¡SORPRESA!!! (momento no que por primeira vez vían a nova aula)...  por iso, e para que non esquezamos ese tempo tan máxico e novidoso (para os novos peques) aí vos deixo as fotos dos preparativos da aula para a vosa benvida (do día anterior a vosa chegada) e algúns momentos do voso primeiro día deste novo curso...


EN LEMBRANZA DAS... ¡¡¡REFORMAS!!!

Aínda que xa todo pasou (as présas, as cores, o traballo,...), gustaríame compartir con vós as únicas fotos que me lembrei de facer no tempo no que estivemos de "reformas" na nosa aula. Todas foron tomadas o pasado 5 de setembro, agás a da parede amarela e verde, que a fixen un día máis tarde. Pola miña parte, só espero que as reformas continúen en Budiño, e non a última hora...