BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

lunes, 21 de febrero de 2011

DAVID CUMPLE 6 ANOS

O sábado 22 de xaneiro foi o cumple de David pero, ó cadrar na fin de semana, tivemos que celebrálo no venres 28. Día a día, David encargouse de recordarlle a todos: que ía selo primeiro de toda a clase en cumprir os 6 anos ("soy el más mayor"- dicía), así como cando o ía celebrar... porque para el era moi "superespecial"... ía ser o seu último cumple neste cole e quería compartilo con todos nós. Así foi, gracias a súa familia, poidemos desfrutar dunha tarta de chocolate que nos gustou moito e dun día moi especial no que todos lle desexamos: ¡FELIZ CUMPLE DAVID!


O 1º CUMPLE DO ANO: MARIO E. XA TEN 4 ANOS

O pasado 8 de xaneiro, Mario E. cumpriu 4 anos pero, como daquela estabamos desfrutando das vacacións de Nadal, celebrámolo no cole o venres 14. Polo tanto, Mario E. tivo a sorte de selo encargado de inaugurar as celebracións dos cumples deste novo ano. Gracias a súa familia, poidemos ver, degustar e falar da maravillosa tarta de chocolate que lle trouxeron xa que nela atoparon a foto dalguén moi coñecido por todos... ¿lembrádesvos?



lunes, 14 de febrero de 2011

CELEBRAMOS O NADAL NA NOSA AULA E INVITAMOS ÁS FAMILIAS

O 22 de decembro foi un día moi especial para todos nós. Ó remate do cumple de Ana e, aproveitando que era o último día de clase do ano, fixemos a nosa propia festa de Nadal na aula. Entre outras cousas: recibimos cunha grande ilusión ó carteiro do CRA, quen nos trouxo as postais de Nadal que outros nenos fixeran e intercambiaran con nós; degustamos un riquísimo roscón de reis feito pola nai de Sheyla para esta ocasión; baillamos, xogamos, cantamos unha panxoliña... e gozamos dunha xornada de portas abertas coas nosas familias. ¿Lembrádesvos do que pasou?



domingo, 13 de febrero de 2011

ANA, A NOSA BENXAMINA, CUMPLE 3 ANIÑOS

O último cumple deste ano foi o de Ana quen, o pasado 22 de decembro, cumpriu 3 aniños, coincindo co día no que celebramos a nosa festa de Nadal na aula. Ana ou Ani, que é como lle gusta que lle chamemos, é a máis benxamina do grupo pero, dende entón, gústalle dicir que xa é maior... ¡Pois claro que sí!. Grazas a súa familia, no día do seu cumple poidemos desfrutar dunha riquísima tarta de chocolate adornada con chuches... das que tanto nos gustan... ¡FELICIDADES ANI!


sábado, 12 de febrero de 2011

FESTA DE NADAL NO CRA...

O pasado 21 de decembro xuntámonos todos os nenos/as e mestres no CRA para festexar a chegada do Nadal. Logo da nosa viaxe en bus, poidemos desfrutar dunha xornada de convivencia na que non faltaron sorpresas, talleres (de maquillaxe, globoflexia, cine, música...), agasallos, chocolate e biscoitos, xa que no patio, ademais de merendar co delicioso biscoito que nos trouxo a nai de Noa, tamén degustamos os aportados polas familias doutras aulas. Ademais disto, moitos de nós, alí coñecemos por primeira vez e en persoa a unha persoa moi especial... ¿Sabedes de quen falo?... Do APALPADOR...

                              
                    
E... se queredes ver máis fotos... só tendes que pinchar aquí  (podedes desfrutar con  varias presentacións).-