BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

jueves, 23 de diciembre de 2010

LIM DO CONTO "O APALPADOR"

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles agasallos aos nen@s. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están ben mantidos, e déixalles, ademáis dos xoguetes, unha presa de castañas. Neste Lim do conto "O APALPADOR" colaboraron @s nen@s de 5 anos das aulas de Esfarrapada que gravaron as súas voces coa gravadora. Dentro duns días imos preparar o mesmo conto pero coas súas voces, pra que sexan protagonistas deste mito galego tan especial.

Fixemos outro LIM doutro conto  "Antón e o Apalpador", tamén adicado o personaxe do Apalpador, Grazas ó mestre de Arturo, quen fixo as fotiños do conto. Decidimos non incluir voces grabadas porque o conto gaña moito máis narrado ou dramatizado por cada mestre, xa que cada persoa conta unha historia de maneira irrepetible. Xa sabedes mestres e mestras, a contar historias en Nadal!