BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.
Mostrando entradas con la etiqueta O SAMAÍN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O SAMAÍN. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de noviembre de 2012

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Para festexar a chegada do SAMAÍN acordamos elaborar nas casas, en colaboración coas nosas familias, "seres" relacionados coa temática destas datas (o medo, a morte, o mal...) empregando cousas /froitos (etc.) relacionadas co outono, deixándose levar pola imaxinación. Gracias a voluntade e colaboración das familias, os "seres" que surxiron formaron parte dunha "terrible" exposición que montamos na aula e que, pouco a pouco, nos serviron para presentarllos aos demais... Ademáis, elaboramos morcegos (a modo de corbatas) coa teacher Irene e fixemos marionetas de esqueletos...
 
O propio día do Samaín, o 31 de outubro, tivo lugar o broche final:  ¡¡¡FESTA DE DISFRACES!!!  e houbo de todo un pouco: demos, bruxas, esqueletos, calabazas, fantasmas, dráculas, morcegos, etc. pero tamén moitas risas, sustos e agasallos. Para elo, tivemos o pracer de contar coa colaboración de Ana, a mamá de Aroa, quen se encargou de maquillarnos para a ocasión; e da familia de Sara, que nos trouxo unha riquísima e terrorífica merenda. Así pois, moitas grazas pola vosa colaboración e sabede que nós... ¡¡¡PASÁMOLO  PIPA!!!


domingo, 26 de febrero de 2012

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Como broche final a toda unha semana de preparativos varios, chegou o gran día no que celebramos: O SAMAÍN, o venres 28 de outubro. Lembramos o que fixemos durante a semana (os obradoiros, as visitas que tivemos...), conversamos sobre a elaboración das criaturas monstruosas que, coa axuda das familias, trouxeron para ambientar a nosa aula, da exposición das mesmas, etc. e, como non ía ser menos, PRESENTAMOS OS NOSOS DISFRACES DE MEDO. ¿Algo máis? Por suposto, grazas a colaboración de Ana, a nai de Aroa, poidemos caracterizar o noso disfrace coa axuda dunha boa maquillaxe... ¡QUE MONSTRUOSAMENTE CURRIÑOS QUEDAMOS!


OS NOSAS CRIATURAS MONSTRUOSAS

Ao longo da semana adicada ao Samaín, grazas a colaboración das familias, puxemos en marcha a nosa creatividade e imaxinación para elaborar, ao gusto de cada un, algunha criatura ou monstro relacionado co Samaín. Houbo de todo e moi variado: cabazas talladas e personalizadas, animais varios, móviles, etc. e ata chegou a nosa aula un dinosaurio... Unha vez reunidas e presentadas, fixeron parte dunha curiosa exposición polo Samaín e... mirade que chuli nos quedou:


FACEMOS MADALENAS DE CABAZA

Na semana do Samaín, entre outras cousas, tamén participamos nun obradoiro de madalenas de cabaza. Grazas a iniciativa e a colaboración de Paula, a mamá de Sheyla, o mércores 26 de outubro, dispuxo os ingredentes e materiais necesarios (ademais do forno...) e convertémonos en pequenos cociñeiros por un día. Así pois, ademais de valorar e aproveitar os restos das cabazas (que anteriormente tallamos), os nenos tiveron a oportunidade de experimentar o proceso de elaboración das súas propias madalenas, lamberon a masa antes de ser cociñada, veron a transformación das madalenas e, finalmente, degustaron as súas madalenas.... aínda que tamén houbo quen a tragou antes de tempo...      ¡ SOMOS UNS  LAMBÓNS !


viernes, 24 de febrero de 2012

TALLANDO CABAZAS...

Durante a semana na que nos ocupamos dos preparativos para o Samaìn e, concretamente, no luns 24 de outubro, tivemos o pracer de levar a cabo na aula un obradoiro sobre o tallado de cabazas para o Samaìn. Para elo, contamos coa iniciativa e a axuda de dùas nais: Paula, a nai de Sheyla; e Mònica, a de Marìa, as que lle agradecemos moito a sùa colaboraciòn. Elas mesmas, trouxeron a aula diversas cabazas (en forma, tamaño...) e, entre outras cousas, falamos das a mesmas e sobre o proceso de vaciado, tallado, os usos das cabazas, ... participamos na comprobaciòn do seu peso, no proceso de tallado e na posta apunto das cabazas nun lugar moi, moi escuro... no que, ao final, todos visitaron entrando cos ollos pechados.                              ¿Queredes velas imaxes?  


martes, 25 de octubre de 2011

XA CHEGA O SAMAÍN

COMO MOITO AS CABAZAS NOS GUSTA TALLAR
E MOI PERIGO CON COITELO É CORTAR
CO NOSO DEDO MÁXICO PODERÉMOLAS PICAR

miércoles, 5 de enero de 2011

A NOSA PÁXINA DO LIBRO-XOGO DAS CABAZAS

Lembrádesvos das fermosas e terroríficas cabazas que trouxestes feitas das vosas casas, en colaboración coas vosas familias? Desfrutastes moito con todo o que fixemos ó redor delas?... Pois ben, mentras non chegue a nosa aula o traballo que fixemos entre todas as aula do cole, aí vos deixo un pequeno adianto... ¡A NOSA APORTACIÓN Ó LIBRO-XOGO DAS CABAZAS!


domingo, 7 de noviembre de 2010

DISFRACES DE MEDO EN BUDIÑO

O venres 29 adicámolo a GRAN CELEBRACIÓN DO SAMAÍN. Empregando a imaxinación e aproveitando o que tiñamos na casa, chegamos ó cole disfrazados dalgunha personaxe de medo: esqueletos, vampiros, bruxas, magos, calabazas... Cada neno falounos da súa cabaza, preparamos unha merenda especial e unha pócima quitamedos, maquillámonos as caras, bailamos e cantamos... e non paramos de rirnos das pintas que levabamos. Por certo... ¡QUE SUSTO LEVARON AS NOSAS FAMILIAS....!  ¡UUUUUHHHHHHH!


O BAILE DOS ESQUELETOS

Durante estes días do Samaín tamén tivemos tempo para aprender e bailar a cantiga dos esqueletos. Para que non a esquezades, aquí vos deixo a versión que tanto vos gustou e... ¡TODOS Á PISTA DE BAILE!

CONTACONTOS

Polo Samaín os nenos e nenas de Budiño tamén poideron desfrutar da visita dunha especial Contacontos, a profe Sonia, quen nos fixo pasar un bo rato co libro "MONSTRUOS DIVERTIDOS"... ¿Lembrádesvos de cales eran ...? ¿E que lle pasou a perna do esqueleto?


EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Para celebrar o Samaín, entre outras cousas, fixemos unha exposición de cabazas. Para elo, cada neno trouxo á aula unha cabaza elaborada coa axuda das súas familias. ¡OLLADE CANTA IMAXINACIÓN...!