BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

domingo, 3 de marzo de 2013

OS PRIMEIROS CUMPRES DO 2013

O venres 11 de xaneiro do 2013, inauguramos a quenda de cumpreanos por partida doble. HUGO  E MARIO, nados o 1 e 8 de xaneiro respectivamente, foron os primeiros en cumprir anos, celebrándoo con todos nós. Desta volta, Hugo cumpriu 5 aniños e Mario xa fixo os 6, polo que este será o seu último cumpre en Infantil... Grazas as súas familias, poidemos pórnos as botas degustando unha tarta moi rica e pintoresca, acompañada de variados petiscos típicos nos cumpres... Pero, antes disto, ambos tiveron que superar unha dura proba xa que as velas resistíanse a apagarse, polo que tiveron que buscarse a vida para facélo...   ¡¡¡Noraboa Hugo e Mario e moitas felicidades!!!
  
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario