BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

domingo, 3 de marzo de 2013

UN NADAL CARGADO DE ILUSIÓNS...

A chegada do Nadal é vivida polos pequerrechos dun xeito moi especial... participan moi contentos na elaboración das decoracións e dos adornos de Nadal, desfrutan cantando panxoliñas nas diferentes linguas que están descubrindo, degustan postres típicos destas datas, encántalles falar de todo o que lle han pedir a Papá Noel e aos Reis Magos,... experiencias todas elas nas que poñen de manifesto máis que nunca as súas emocións.  Ademáis disto, por primeira vez, recibimos unha visita-sorpresa que tivo unha emotiva acollida por parte de tódolos nenos e dos non tan nenos que aquí se atopaban... ¿quen nos viu visitar? ¿A que viña?  ¿Que baillamos xunto coas familias?  Botádelle unha ollada as fotos e non vos perdades ningún detalle...    
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario