BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

sábado, 26 de marzo de 2011

DESFILE DO ENTROIDO 2011

Por fin, despois dalgún tempiño, aquí vos deixo unha recompilación das fotos que me achegastes... Se tedes fotos/vídeos, etc. facédemo saber... En calquera caso, moitas gracias pola vosa colaboración.

FOTOS DE SANDRA, A MAMÁ DE ANA: (2 presentacións)



FOTOS DE ROCÍO, A MAMÁ DE AINHOA:


MARIO CUMPLE 5 ANOS

O pasado venres 4 de Marzo, Mario cumpliu 5 anos pero, ó coincidir co día do desfile de Entroido, celebrámolo á volta das vacacións. Así pois, o venres 11, Mario celebrou por primeira vez no cole o seu cumple...¡ Xa teis 5 aniños!. Grazas a el e a súa familia, todos quixeron degustar a rica tarta de chocolate que nos trouxeron, decorada por Mario con lacasitos e osiños de gominola... E unha vez máis Mario... ¡MOITAS FELICIDADES!


DESFRUTAMOS CO ENTROIDO

Nesta ocasión, decidimos achegar ós nenos/as ó Entroido das terras de Ourense... para que coñecesen os seus traxes, máscaras ou caroutas, os seus festexos...  Logo de investigar sobre o tema, cada aula decidiu o traxe que ía representar: os peliqueiros, as mázcaras, os cigarróns, os boteiros... e nós eleximos facer unha particular homenaxe ás Pantallas de Xinzo, coincidindo coa aula de Soutelo. Aproveitando os preparativos desta celebración, e gracias a colaboración das familias, xuntámonos as aulas de Soutelo e Budiño para coñecernos, convivir, e desfrutar duns días cargados de emocións e novas experiencias: fixemos amigos/as; conversamos; traballamos en equipo na elaboración dos traxes e na recreación das personaxes; descubrimos un novo cole; xogamos ó lim do Entroido... e pasámolo xenial.
 
                                              (En breve, estarán recollidas aquí as fotos)

    Para achegar ós nenos ás celebracións deste Entroido, adicamos cadanseu día da semana do Entroido a un festexo: o luns fareleiro; (o martes non poidemos porque fomos plantar árbores) o mércores corredoiro; o xoves de comadres e compadres; e o venres fixemos o noso particular desfile polo CRA e as rúas de Salceda, no que nos convertemos nas PANTALLAS DE BUDIÑO. Días que viviron con moita ilusión, moitas ganas de troula, xogos e festa... ¡MIRADE COMO O PASAMOS! (Teredes que pinchar nos títulos que leven este símbolo *)

* LUNS FARELEIRO:  (¡O QUE FAI A FARIÑA...!)

* MÉRCORES CORREDOIRO:  (¡POBRE DO GALO... A CORRER...!)

* XOVES DE COMADRES E COMPADRES:  (¡A POLO BONECO/A...!)

* VISITA INESPERADA DUNHA PANTALLA:
Xusto o día antes do desfile, recibimos unha visita sorpresa:  ¿Sabedes quen apareceu na nosa aula? unha Pantalla que non parou de moverse, nin de rirse, nin de chocar as "vexigas" que levaba... ¡ menudo susto nos deu a todos...!¿Lembradesvos de quen era e que nos contou?... ¿Que lle facían as Pantallas aos que  non ían disfrazados?

O NOSO TRABALLO







DESFILE DO ENTROIDO: (mentras agardamos a que cheguen máis fotos, aquí vos deixo un pequeno adianto...)




As PANTALLAS DE BUDIÑO vendo pasar ó resto do desfile...

miércoles, 23 de marzo de 2011

PLANTAMOS ÁRBORES NOS AGOEIROS

Logo de agardar a que o tempo nolo permitira, o pasado martes 1 de marzo poidemos ir a plantar as nosas propias árbores no Parque Natural dos AGOEIROS. Neste fermosa xornada de convivencia, compañeirismo e traballo en equipo, vivimos experiencias inesquecibles: plantamos 2 castiñeiros e 2 robles americanos, preto da poza, ós que lle colocamos os nosos nomes, para recoñecelos e facer o seu seguimento, segundo queiramos ver a súa evolución. Feito isto, desprazámonos á ruta dos muíños para merendar nas Cobas (ó lado do río), desfrutamos dun pequeno percorrido pola ruta e rematamos visitando e comprobando o funcionamento do muíño da Laxe. Traballamos, manchámonos, desfrutamos rindo e compartindo... e...¿lembradesvos de como voltamos?