MARIO, que naceu o 4 de marzo do 2006, é o primeiro dos "maiores" en cumprir os 6 aniños. Tal e como falabamos nestes días, eres: o máis maior de todo o grupo dos piratas de Budiño. Aínda que realmente estiveches de cumple o pasado domingo día 4, como xa sabes, tivemos que esperar ata hoxe venres día de "rico-rico" para festexar no cole o teu cumpreanos pero... ¡MENUDA MERENDOLA NOS PAPAMOS!... e todo elo grazas ao que nos trouxo a túa familia: dous biscoitos, bombóns de chocolate, zumes... O certo é que pensabamos que ía sobrar un montón pero, rematada a festa... démonos conta de que SOMOS UNS PIRATAS MOI LAMBERETEIROS ¿Si ou non?. Asi e todo, desexámosche unha vez máis ¡FELIZ CUMPREANOS GRANDULLÓN! e un biquiño moi grande para toda a familia.
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2011/12. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2011/12. Mostrar todas las entradas
viernes, 9 de marzo de 2012
martes, 6 de marzo de 2012
POR FIN... ¡ SOMOS OS PIRATAS DE BUDIÑO !
O broche final a tantos días "loucos" foi o venres 17 de febreiro, un día moi especial no que o máis importante é pasálo moi requeteben. Nada máis comezar a mañá, e grazas aos familiares que estiveron connosco, dispuxémonos na aula para dar os últimos retoques ao noso disfrace ( maquillaxe, colocación dalgún elemento, etc. ) démoslle a benvida ao profe Arturo e iniciouse o tempo para sacar un montón de fotos curiosas e preciosas. Feito isto, desprazámonos en bus, atopámonos cunha gran variedade de disfraces e, todos xuntos, comezamos o desfile polas rúas de Salceda. Finalmente, ocupamos a praza, vimos todo tipo de actuacións por parte dos compañeiros de todo o CRA e, como non ía ser menos, nós tamén subimos ao escenario para representar a melodía de Lazy Town "Tú eres pirata" (e para "queimar" toda a merenda que nos zampamos ao longo da mañá...). ¿Que tal o pasastes? ... ¿Queredes ver as fotos?
Etiquetas:
ACT. COMPLEMENT.,
CURSO 2011/12,
O ENTROIDO
TRABALLANDO NO NOSO DISFRACE
Como xa lles comentei, o tema que escollemos para disfrazarnos no CRA xirou ao da música (estilos, melodías, cantigas...) que cada aula escolleu. A partires da peza escollida, caracterizamos aos nenos e aprendemos unha breve escenificación coa que "desfilamos" para o público alí presente ao remate do desfile polas rúas de Salceda. No noso caso, e por elección dos propios nenos, acordamos converternos en piratas... e, naqueles intres todos actuaban como tal... OS PIRATAS DE BUDIÑO, ademais doutras actividades, tamén colaboramos no noso traxe e elaboramos algúns dos complementos do noso disfrace: o catalexo, polo que vían a realidade ao gusto de cada un e a calavera que todo temible pirata debe ter sen falta... ¿Queredes velas imaxes dalgúns destes momentos?
FESTA DE ENTROIDO EN BUDIÑO
O mércores 15 de febreiro, no medio dos preparativos entroideiros, celebramos na aula a nosa particular festa de Entroido e cada un de nós viu disfrazado do que quixo. Presentamos o noso disfraz e conversamos sobre el (vestimenta, maquillaxe, complementos...), posamos para "a prensa", etc. levamos a cabo un obradoiro de maquillaxe no que, os que máis levaban a iniciativa nos fixeron esperar turno para que nos atenderan, cantamos, baillamos... e, por se isto fose pouco... ¿quen nos chegou por sorpresa a clase no medio de tanto follón? un traballador do concello que nos viña a facer algunhas "chapuzas" ¿lembrádesvos de quen era?... ¿E de que nos trouxo a clase para encher as barriguiñas?... supoño que si. Así e todo, eu aínda recordo das caras que puxemos cando alí nos chegou e, sobre todo, da cara que lle deixastes despois da man de pintura que lle puxestes a ela e a min na cara... Moitas grazas Paula e non perdas as mañas pero... logo de tanta festa rachada... ¡CANTO TEMPO BOTAMOS A DESMAQUILLARNOS!.
lunes, 5 de marzo de 2012
PRANTAMOS ÁRBORES...
O pasado martes 31 de xaneiro, fomos en autobús para prantar árbores nunha zona moi próxima ao IES, en Parderrubias, xunto cos compañeiros da aula de Revolta e dunha aula de 4 anos da Esfarrapada. Ao chegar alí, coñecemos a un grupo de persoas da comunidade de montes da zona e ao señor Darío quen, ademais de sélo seu presidente, explicounos todo o referente ao que íamos facer: tiñamos a grande responsabilidade de "apadriñar" unha árbore. Fixémolo en grupos de 3 nenos/as, empregando as ferramentas necesarias para poder facer un bo traballo e, finalmente, a cada árbore puxémoslle as etiquetas con cadanseu nome dos pequerrechos que o prantaron. Feito o traballo, desprazámonos ata o Borralliño para pegarnos unha boa merendola e desfrutar dun bo rato de tempo libre no que xogar. Como premio ao noso esforzo, grazas as familias de Mario E., Diego e Carlos, merendamos como reises ata fartarnos e... ¡ QUE BEN O PASAMOS !
.
Etiquetas:
ACT. COMPLEMENT.,
CURSO 2011/12,
PLANTANDO ÁRBORES
domingo, 4 de marzo de 2012
OS PRIMEIROS CUMPRES DO ANO
Iniciamos o curso festexando un cumpreanos dobre da man de HUGO e MARIO E. . Desta volta, o que se estrea en celebrar o cumpre na aula é Hugo, xa que naceu o 1 de xaneiro e acaba de cumprir 4 anos. No caso de Mario E., quen xa ten experiencia do curso pasado, celebra que o 8 cumpriu 5 aniños. Polo tanto, ámbolos dous son os máis maiores dos seus grupos "peques" e "medianos", respetivamente. Neste primeiro venres, día de rico-rico, poidemos lambernos os dedos grazas á riquísima tarta de 3 chocolates, os zumes e os bombóns, tamén de chocolate, que trouxeron as súas familias. Novamente aproveito a ocasión para desexarvos: ¡ FELIZ CUMPRE HUGO E MARIO E.!
A FESTA DE NADAL NA NOSA AULA
Ao día seguinte da festa no CRA, seguimos celebrando a chegada do Nadal pero xa na nosa aula. A pesares de non estar todos (xa que algúns estiveron maliños), foi un día moi especial e cheo de sorpresas no que, ademais, celebramos un triple cumpreanos: Aroa, Ana e Pablo, que cumprían aniños nestes días. Entre outras cousas, preparamos os seus agasallos, cantamos a panxoliña de Rodolfo o reno, baillamos, xogamos... e, para a merenda, tivemos onde escoller: tarta, croissants, chocolate quente... Por se isto fose pouco, lambémonos os dedos cos ricos bombóns de chocolate que nos foron tocando día a día co noso calendario de advento e, para rematar, tivemos unha gran merendola e festa a rachar... que é o que máis nos gusta...
NADAL CUMPREAÑEIRO...
No último día lectivo do mes de Nadal tivemos a gran sorte de celebrar un cumpreanos bastante numeroso, xa que coincidiu que tres dos nosos compañeiros cumprían anos. AROA e PABLO, os máis pequenos do grupo dos "peques", cumpriron xa 3 aniños; no caso de Aroa, o día 20 e, no caso de Pablo, xusto o último día do mes, o 31 de decembro. Ademáis, xunto con eles, tamén ANA cumpriu xa 4 anos o 22 de decembro, polo que tamén é a máis benxamina dos "medianos". Para elo e grazas as súas familias, poidemos degustar unha rica tarta de chocolate adornada cun montón de chuches, mini-croissants e chocolate quentiño para acabar de encher as nosas barriguiñas... Menos mal que tiñamos día de festa para poder queimar enerxías... Así e todo, unha vez máis desexarvos: ¡ FELIZ CUMPREANOS AROA, ANA E PABLO !
jueves, 1 de marzo de 2012
CELEBRAMOS O NADAL
O 20 de decembro fomos en autobús ao CRA para, xunto con todos os nenos e nenas do centro e das parroquias, celebrar unha gran festa nadaleira. Xuntámonos alí: uns 260 nenos, numerosos familiares que viñan colaborar nalgún dos talleres e todo o profesorado... ademais de ter o grande pracer de volver atoparnos co Apalpador (aínda que para moitos, era a primeira vez que o ían ter diante). ¿Que aconteceu alí? fomos rotándonos por equipos ata pasar polos obradoiros propostos para o ocasión: maquillaxe, audiovisuais, música, psicomotricidade e a visita o apalpador. Finalmente, e logo de tanta variedade e diversión, fomos merendar os ricos biscoitos aportados dende todas as aulas e, como non, quentamos as nosas barriguiñas cun delicioso e quentiño chocolate co que nos puxemos as botas... En fin, houbo sorpresas para todos e pasámolo en grande...
Etiquetas:
ACT. COMPLEMENT.,
CURSO 2011/12,
O NADAL
martes, 28 de febrero de 2012
A NOSA APORTACIÓN PARA O 2012
Dado o gran éxito que tivo nas aulas o calendario-refraneiro do 2011, feito por todas as aulas, decidimos volver a facer un calendario colectivo para todo o CRA. Para o 2012 a temática centrouse na recuperación dos XOGOS TRADICIONAIS... e, polo que respecta a nosa aula, escollemos representar e lembrar o xogo dos BOLOS CELTAS. Para iso, unha vez que os elaboramos e os personalizamos, aprendemos as súas normas de xogo e, como non ía ser menos, divertímonos xogando con eles. Mentras tanto, fixemos algunhas fotiños e, logo de escoller a que ía a nos representar, adxuntámoslle unha fórmula de botar a sortes e... rematamos decorando a nosa folla para o CALENDARIO DE XOGOS POPULARES 2012. Ao final, xuntamos todas as aportacións das aulas, confeccionámolo e, grazas a iso, pouco a pouco e coa axuda do calendario que temos na aula, imos lembrando todos aqueles xogos cos que os nosos pais e avós pasaban o tempo . ¿Queredes recordar como o fixemos e como disfrutamos xogando?
¡ VISITA SORPRESA !
O pasado mércores 23 de novembro, aproveitando o proxecto dos bebés que estamos levando a cabo na aula, recibimos unha... ¡VISITA SORPRESA! e, nunca mellor dito porque, as súas protagonistas tamén viñan con cadansúa sorpresa nas súas barriguiñas: OS SEUS BEBÉS. Yoli, Leni e Belén foron as tres "mamis" que nos viñeron contar as súas experiencias, os seus sentimentos, anécdotas... sobre os bebés que levaban dentro. Conversamos con elas, preguntamoslles dúbidas, etc. e, ademais de deixarnos apalpar con moito coidado, tamén tivemos o pracer de poder pintar as súas barriguiñas ao gusto de cada un. Finalmente, entre todos, fixémoslle uns pequeniños agasallos para elas e os seus bebés, desexándolles moi boa sorte e pedíndolles que nos volvesen visitar nalgunha ocasión para ver e coñecer aos seus bebés. ¿Queredes velas fotos? Mirade que cariñas nos quedaron... (Son 2 presentacións)
lunes, 27 de febrero de 2012
NOA CELEBRA SANTO E CUMPRE...
O venres 11 de novembro, día de rico-rico, celebramos con NOA o seu santo e o seu 5º cumpreanos. O certo é que xa estivo de cumpre o 18 de xullo pero, como cadra nas vacacións de verán, nunca tivo a ocasión de celebrálo cos seus compañeiros/as. Por esta razón, e aproveitando que o 10 de novembro foi o seu santo, por fin puido festexalo por primeira vez no cole e por partida dobre... Para elo, tivemos a ocasión de pórnos as botas coa rica tarta de chocolate que a súa nai, Meli, lle fixo con todo o seu cariño para este día tan especial para Noa. ¡Noraboa e moitísimas felicidades!.
domingo, 26 de febrero de 2012
ÍMONOS DE MAGOSTO
O pasado martes, 8 de novembro, desprazámonos todos os nenos e nenas do CRA ata o parque do Borralliño, en Soutelo, para festexar O MAGOSTO. A pesares de que o tempo nos xogou unha mala pasada, pasamos un día moi especial e cheo de sorpresas: algúns aproveitamos a oportunidade para ir na procura de ananos, buscando as pistas que nos deixaron no monte, outros escoitamos a súa presencia, aprendemos cousas sobre eles.... e para rematar, poidemos xogar e degustar as castañas preparadas alí no magosto, xunto coas mandarinas que, por se acaso, tamén levabamos. Logo de tanta troula.... ¡Mirade o que alí fixemos!
Etiquetas:
ACT. COMPLEMENT.,
CURSO 2011/12,
O MAGOSTO,
O OUTONO
CELEBRAMOS O SAMAÍN
Como broche final a toda unha semana de preparativos varios, chegou o gran día no que celebramos: O SAMAÍN, o venres 28 de outubro. Lembramos o que fixemos durante a semana (os obradoiros, as visitas que tivemos...), conversamos sobre a elaboración das criaturas monstruosas que, coa axuda das familias, trouxeron para ambientar a nosa aula, da exposición das mesmas, etc. e, como non ía ser menos, PRESENTAMOS OS NOSOS DISFRACES DE MEDO. ¿Algo máis? Por suposto, grazas a colaboración de Ana, a nai de Aroa, poidemos caracterizar o noso disfrace coa axuda dunha boa maquillaxe... ¡QUE MONSTRUOSAMENTE CURRIÑOS QUEDAMOS!
Etiquetas:
CURSO 2011/12,
FAMILIAS,
O OUTONO,
O SAMAÍN
OS NOSAS CRIATURAS MONSTRUOSAS
Ao longo da semana adicada ao Samaín, grazas a colaboración das familias, puxemos en marcha a nosa creatividade e imaxinación para elaborar, ao gusto de cada un, algunha criatura ou monstro relacionado co Samaín. Houbo de todo e moi variado: cabazas talladas e personalizadas, animais varios, móviles, etc. e ata chegou a nosa aula un dinosaurio... Unha vez reunidas e presentadas, fixeron parte dunha curiosa exposición polo Samaín e... mirade que chuli nos quedou:
Etiquetas:
CURSO 2011/12,
FAMILIAS,
O OUTONO,
O SAMAÍN
FACEMOS MADALENAS DE CABAZA
Na semana do Samaín, entre outras cousas, tamén participamos nun obradoiro de madalenas de cabaza. Grazas a iniciativa e a colaboración de Paula, a mamá de Sheyla, o mércores 26 de outubro, dispuxo os ingredentes e materiais necesarios (ademais do forno...) e convertémonos en pequenos cociñeiros por un día. Así pois, ademais de valorar e aproveitar os restos das cabazas (que anteriormente tallamos), os nenos tiveron a oportunidade de experimentar o proceso de elaboración das súas propias madalenas, lamberon a masa antes de ser cociñada, veron a transformación das madalenas e, finalmente, degustaron as súas madalenas.... aínda que tamén houbo quen a tragou antes de tempo... ¡ SOMOS UNS LAMBÓNS !
Etiquetas:
CURSO 2011/12,
FAMILIAS,
O OUTONO,
O SAMAÍN
viernes, 24 de febrero de 2012
TALLANDO CABAZAS...
Durante a semana na que nos ocupamos dos preparativos para o Samaìn e, concretamente, no luns 24 de outubro, tivemos o pracer de levar a cabo na aula un obradoiro sobre o tallado de cabazas para o Samaìn. Para elo, contamos coa iniciativa e a axuda de dùas nais: Paula, a nai de Sheyla; e Mònica, a de Marìa, as que lle agradecemos moito a sùa colaboraciòn. Elas mesmas, trouxeron a aula diversas cabazas (en forma, tamaño...) e, entre outras cousas, falamos das a mesmas e sobre o proceso de vaciado, tallado, os usos das cabazas, ... participamos na comprobaciòn do seu peso, no proceso de tallado e na posta apunto das cabazas nun lugar moi, moi escuro... no que, ao final, todos visitaron entrando cos ollos pechados. ¿Queredes velas imaxes?
Etiquetas:
CURSO 2011/12,
FAMILIAS,
O OUTONO,
O SAMAÍN
DON OUTONO XA CHEGOU
Don outono xa chegou e... ¿que foi o que nos deixou? ... as follas das àrbores polo chan, froitas e froitos moi ricos como as castañas, as pezas de roupa para o frìo e a choiva, a celebraciòn do Samaìn e do Magosto, etc. e para que vexades algunhas das cousiñas que fixemos na aula ao redor deste tema aquì vos deixo unhas fotiños. Espero que vos gusten...
jueves, 23 de febrero de 2012
RAÙL CUMPRE 3 ANOS
¡ RAÙL cumpriu xa 3 aniños !. O 24 de outubro è a data na que Raùl cumpre anos pero, ao coincidir nun sàbado, agardamos o seguinte venres para celebrar o seu primeiro cumpreanos na escola, rodeado dos seus compañeiros e compañeiras e desfrutando do rico biscoito que nos trouxo a sùa nai Mònica. ¿Sabedes porque foi un cumpre especial? Fixàdevos nas fotos e mirade as vosas prendas de roupa... ¿Que celebrabamos tamèn nese mesmo dìa? Por se non vos lembrades dareivos unha pista: nese dìa vense moitos disfraces de medo... De todas maneiras, xuntos e disfrazados desexàmosche ¡ Moitas felicidades Raùl !.
MARIA CUMPRE XA 5 ANOS
O pasado 22 de setembro celebramos o primeiro cumpreanos deste novo curso. A encargada de inaugurar estas celebraciòns foi Marìa, a màis pequena do grupo dos maiores, e que xa cumpriu os 5 aniños. Neste dìa tan especial para Marìa, poidemos degustar e lambernos os dedos cunha orixinal e riquìsima tarta de chocolate que nos trouxo a sùa nai, Mònica. Ademais, xuntos, tivemos a ocasiòn de botar unhas risas a conta das velas màxicas que viñan coa tarta e que non se daban apagado.... ¿Lembràdesvos do que lle custou apagalas?... Ao final superou a proba e, polo tanto, lembrate do seguinte: o que a sigue a consigue... ¡ Parabèns Marìa e moitìsimas felicidades !
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

