BENVIDOS AO NOSO BLOGUE

OLA A TODOS: SOMOS OS PEQUERRECHOS DA AULA DE BUDIÑO E ESTAMOS AQUÍ PARA CONTARVOS ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ACONTECEN NA NOSA AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

ONDE NOS PODEDES ATOPAR? pincha aquí para ver o blogue do CRA RAÍÑA ARAGONTA e/ou aquí para visitar a súa web.

domingo, 24 de abril de 2011

CLAUDIA CUMPLE 5 ANOS

O pasado domingo 3 de abril, Claudia cumpriu 5 aniños, aínda que agardamos ó seguinte venres para celebralo na aula cos seus compañeiros e compañeiras. Gracias a súa nai, Yoli, todos xuntos puidemos desfrutar e degustar unha riquísima tarta de chocolate que viña acompañada dunha foto de Minnie, pola que os nenos quedaron abraiados. ¿Cantas veces tivo que soprar para apagálas velas? Xa sabes Claudia, teis que comer un pouquiño máis para ter máis forza e sentirte mellor e máis sana... e, unha vez máis, ¡FELIZ CUMPLEANOS CLAUDIA!


A VISITA DE LISI

A encargada de polo broche final á semana da familia foi LISI, a tía da nosa benxamina, ANA. Nesta ocasión, e aproveitando que traballa no Verbum (A casa das palabras, en Vigo), Lisi viunos a contar onde traballa, con quen e como traballa... e, para que experimentásemos e comprendésemos como traballan cos nenos cegos, tamén nos trouxo moito material adaptado ás características destes nenos. Así pois, todos nós puidemos: coñecer, abrazar e xogar con Braillín; exoerimentar como se representan as letras e os números na linguaxe do braille, para os nenos cegos; ver e tocar os seus dados, os seus taboleiros da oca, do parchis... e, finalmente, rematamos facendo un colgante co noso nome escrito en braille. Así pois, ¿moitísimas grazas Lisi por compartir con o teu traballo e volve cando queiras!.


A VISITA DE MARÍA

O xoves 31 de marzo viunos visitar MARÍA, a mamá de YOEL. Logo de presentarnos e conversar con ela, propúxonos facer unha manualidade: a elaboración dun curioso e divertido xogo chamado "baleiro". Así pois, puxémonos mans á obra e, pouco a pouco: cada un de nós personalizamos e fixemos o noso propio xogo do baleiro. Ademais, experimentamos a nosa habilidade para xogar, inventamos novas formas para pasálo ben xogando e fixemos un pequeno concurso... no que Yoel saíu gañador. ¿Lembrádesvos de como se xogaba?. ¡Moitas gracias María pola túa visita e volve cando queiras!.



sábado, 23 de abril de 2011

A VISITA DA FAMILIA DE MARIO E.

No martes 29 de marzo visitounos unha grande representación da familia de Mario E.: a súa madriña, Mª Carmen;  a súa avoa Rosa; dúas das súas amigas (Lidia, quen tamén se disfrazou; e Marina) e un dos irmáns de Mario E., Xesús. Logo de presentarnos, a madriña de Mario E. tomou as rendas e, ademais de acompañarnos coa súa guitarra, ensinounos unha fermosa cantiga: "Yo tengo un trenecito de color azul", composta por ela mesma para esta ocasión tan especial. Fixemos de todo ó redor da canción: entonámola, bailámola con xestos e movementos, improvisamos... e rímonos un montón, especialmente pola marcha e os ánimos que traían. ¡Moitas grazas a todas elas e ata a próxima!.


A VISITA DE ROCÍO

A encargada de inaugurar a semana da familia foi ROCÍO, a mamá de AINHOA. Viunos visitar no primeiro día, no luns 28, e chegou á aula cargada de riquísima froita... ¿Lembrádesvos do que nos viu ensinar? Grazas a mamá de Ainhoa: descubrimos que é unha macedonia de froitas..., como se fai..., e a que sabe... primeiro, sen azúcar e, despois, con el (para os máis lambóns, que fomos todos). En calquera caso, convertémonos en cociñeiros, comemos como reis e, o mellor de todo, que o pasamos moi ben desfrutando da súa compaña... ¡Moitas gracias Rocío e volve cando queiras!.

                        

         

A SEMANA DA FAMILIA

Dende o 28 de marzo ó 1 de abril, celebramos a II SEMANA DA FAMILIA no cole. Para elo, como recordaredes, convidámosvos a todos os familiares dos pequerrechos/as de Budiño para que vos animásedes a vir presentarnos calquera proposta ou actividade que se vos ocurrise. Lembradesvos do que pasou...? Foi unha semana para todos os gustos e estivo chea de alegría, ilusións, novidades e... de imaxes. Queredes velas? Aí vos van...