A encargada de polo broche final á semana da familia foi LISI, a tía da nosa benxamina, ANA. Nesta ocasión, e aproveitando que traballa no Verbum (A casa das palabras, en Vigo), Lisi viunos a contar onde traballa, con quen e como traballa... e, para que experimentásemos e comprendésemos como traballan cos nenos cegos, tamén nos trouxo moito material adaptado ás características destes nenos. Así pois, todos nós puidemos: coñecer, abrazar e xogar con Braillín; exoerimentar como se representan as letras e os números na linguaxe do braille, para os nenos cegos; ver e tocar os seus dados, os seus taboleiros da oca, do parchis... e, finalmente, rematamos facendo un colgante co noso nome escrito en braille. Así pois, ¿moitísimas grazas Lisi por compartir con o teu traballo e volve cando queiras!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario