A encargada de inaugurar a semana da familia foi ROCÍO, a mamá de AINHOA. Viunos visitar no primeiro día, no luns 28, e chegou á aula cargada de riquísima froita... ¿Lembrádesvos do que nos viu ensinar? Grazas a mamá de Ainhoa: descubrimos que é unha macedonia de froitas..., como se fai..., e a que sabe... primeiro, sen azúcar e, despois, con el (para os máis lambóns, que fomos todos). En calquera caso, convertémonos en cociñeiros, comemos como reis e, o mellor de todo, que o pasamos moi ben desfrutando da súa compaña... ¡Moitas gracias Rocío e volve cando queiras!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario