O xoves 31 de marzo viunos visitar MARÍA, a mamá de YOEL. Logo de presentarnos e conversar con ela, propúxonos facer unha manualidade: a elaboración dun curioso e divertido xogo chamado "baleiro". Así pois, puxémonos mans á obra e, pouco a pouco: cada un de nós personalizamos e fixemos o noso propio xogo do baleiro. Ademais, experimentamos a nosa habilidade para xogar, inventamos novas formas para pasálo ben xogando e fixemos un pequeno concurso... no que Yoel saíu gañador. ¿Lembrádesvos de como se xogaba?. ¡Moitas gracias María pola túa visita e volve cando queiras!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario